Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

Hoxe cando se constitúa a Comisión Deputación Permanente do Congreso, non será Alexandra Fernández, portavoz de En Marea no Congreso, a que, por lóxica, forme parte deste órgano, senón Yolanda Díaz, número dous pola Coruña. Así, o que xa se intuía o pasado mes marzo, hoxe xa é unha evidencia. Pablo Iglesias non só pasa … Seguir lendo Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

Haberá ou non haberá eleccións xerais anticipadas?

Desde o día 21 de decembro sostiven en privado que non habería repetición das eleccións xerais, e cada día que pasa téñoo máis claro, a pesar das declaracións, reunións fallidas e escenificacións dos partidos políticos implicados, PSOE, Ciudadanos, Podemos e PP. As razóns que me impulsan a pensar na pouco probábel nova convocatoria electoral son … Seguir lendo Haberá ou non haberá eleccións xerais anticipadas?

En Marea a tope con Cervantes

Se Miguel Anxo Fernán Bello está estupefacto polo tratamento que fai o PP do IV aniversario da morte de Cervantes, mais o estou eu ao ver a un "nacionalista" galego defender con tanto ardor a figura máis importante das letras castelás e da cultura española; unha cultura que nos abafa, que ignora e despreza a … Seguir lendo En Marea a tope con Cervantes

Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

Podemos é unha organización moi dada á escenificación mediática -chamádelle teatro se queredes-, cousa que xa demostrou en reiteradas ocasións e onte volveu a demostralo. O bico entre Pablo Iglesias e Francesc Domenech pode ser sincero, mais, como demostrarei a continuación, foi froito, unha vez máis, da planificación e a escenificación que tan ben se … Seguir lendo Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

En Marea: seis ceros á esquerda

As matemáticas non fallan, se situamos seis ceros á esquerda dunha cifra o resultado é o mesmo que se non os xuntaras, a cifra en cuestión non aumenta de valor nin ten maior valor engadido. Iso é o que lle ocorre ás deputadas e deputados de En Marea en Madrid. Dicían o día 21 de … Seguir lendo En Marea: seis ceros á esquerda

De sillóns e xente

O slogan de Podemos de hai uns meses era “lo que diga la gente” ou “los problemas de la gente primero”. Pois desde que esta formación política entrou no Congreso mudou substancialmente o slogan, e agora o que importan son os sillóns e os cargos. Primeiro a súa maior preocupación foi a conformación de catro … Seguir lendo De sillóns e xente

Pero cantos deputad@s ten Podemos?

A ver, cantos deputados ten Podemos no Congreso? Esa é a pregunta do millón que Pablo Iglesias non quere contestar, que, de facelo, aclararía definitivamente o lío que hai montado co grupo parlamentar de En Marea e o resto de coalicións coas que Podemos concorreu ás eleccións do 20 de decembro en Galiza, Valencia e … Seguir lendo Pero cantos deputad@s ten Podemos?

Unha En Marea sen autonomía asume a estratexia e as liñas vermellas de Podemos

As persoas que pulabamos por unha candidatura conxunta ao Congreso tiñamos claro que un dos principios irrenunciábeis era que os deputados ou grupo parlamentar actuarían con total independencia e sen submisións a ningún partido ou forza política estatal. Como todo o mundo sabe non houbo candidatura conxunta, presentáronse dúas candidaturas que con maior ou menor … Seguir lendo Unha En Marea sen autonomía asume a estratexia e as liñas vermellas de Podemos

Voto útil vs voto da conciencia

Se comparamos os votos ao Congreso e ao Senado das distintas candidaturas que se presentaron ás eleccións xerais do 20D atopámonos cun dato curioso: Nós Candidatura Galega é a única que gaña votos ao Senado (40.757) en comparación cos votos ao Congreso, mentres todos os demais (PP, PSOE, Ciudadanos e En Marea) pérdenos. XERAIS 2015 … Seguir lendo Voto útil vs voto da conciencia

Xustiza universal e hipocresía

Onte a maioría do Partido Popular no Congreso limitou a xustiza universal no sistema xudicial español. O realmente preocupante non é que o PP aprobe esta medida restritiva da acción xudicial para perseguir crimes de guerra e de lesa humanidade, o peor é que o Imperio, o maior criminal de guerra da historia da humanidade, … Seguir lendo Xustiza universal e hipocresía