Estamos ás portas da tormenta perfecta?

Eclipsado en occidente pola crise grega e polas interminábeis negociacións deste país coa Troika, estamos asistindo con asombroso silencio mediático á caída da bolsa china, que acumula xa unhas perdas do 30% do seu valor e ten paralizado a cotización de preto de 1.500 empresas polas elevadas perdas que acumulaban. E no medio de todo … Seguir lendo Estamos ás portas da tormenta perfecta?

Nin o Espírito Santo se libra

O banco portugués, Espírito Santo quebrou e tivo que se rescatado polo fondo interbancario europeo con 4.900 millóns de euros. Os contribuíntes disque non poñen un duro, lanzáronse a anunciar as autoridades. Os accionistas en cambio pérdeno todo. Alá eles, pesaredes, que non meteran os cartos nunha entidade financeira. Si, certo! Mais cando tes unha … Seguir lendo Nin o Espírito Santo se libra

Que está pasando?

Non sei se vos pasou algunha vez, pero hai algún tempo a tarxeta do banco co que traballaba habitualmente (prefiro obviar o nome) tiña certos problemas ao chegar o fin de semana. O caixeiro dicíame que superara o límite diario, cousa que non era certa. Non foi nin unha nin dúas veces, foron varias as … Seguir lendo Que está pasando?

“O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

A crise económica provocada pola estoupido da burbulla inmobiliaria aínda se sente con toda crueza na maior parte do mundo occidental, onde millóns de persoas están sen traballo, e viron diminuído substancialmente o seu poder adquisitivo, sentindo moi de preto a pobreza e miseria, mentres as grandes elites económicas seguen a aumentar a súa riqueza. … Seguir lendo “O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

Un apagón inútil

A sociedade en xeral non ve máis alternativa que o capitalismo e canto máis aperta este, canta máis miseria e inxustiza crea, a resposta da sociedade é facelo bo, domesticalo. Así xorden iniciativas como facer un apagón para protestar polas constantes subidas no prezo da electricidade. Unha problemática que non é exclusiva do Estado español, … Seguir lendo Un apagón inútil

Sen sistema financeiro, Galiza ten un futuro moi negro

O capitalismo é un chollo, pero para aqueles que teñen cartos, moitos cartos, especialmente para o capital financeiro. Que llo digan a Banesco, o banco venezolano que acaba de adquirir NovaGalicia Banco por 1.000 millóns. Unha ganga e unha estafa, tendo en conta que o Estado inxectou 9.000 millóns de euros para saneala. Porque disto … Seguir lendo Sen sistema financeiro, Galiza ten un futuro moi negro

Claves para entender o golpe de estado contra o presidente Mohamed Mursi

Mohamed Mursi

A vitoria de Mohamed Mursi nas eleccións de Exipto en xuño de 2012 deixoume indiferente, un escepticismo que explicitei poucos días despois do golpe de estado en xullo pasado. A fin de contas, Exipto era (e segue a ser) un aliado dos Estados Unidos desde hai moitos anos así como moitas das monarquías do Golfo … Seguir lendo Claves para entender o golpe de estado contra o presidente Mohamed Mursi

Exipto condensado en 8 minutos de horror

Masacre en Exipto

O desmantelamento dos campamentos de El Cairo en apoio ao presidente Mursi dos Irmáns Musulmáns foi unha auténtica masacre. Eu, que tantas veces vos recomendei vídeos, este, porén, non o podo recomendar, sen antes avisarvos que nestes 8 minutos de horror presenciaredes homes, mulleres e nenos, algúns deles de moi corta idade, masacrados sen piedade … Seguir lendo Exipto condensado en 8 minutos de horror

Exipto perante a barbarie

Muller musulmá perante a ditadura

Xa o dicía hai pouco máis dun mes, Exipto encamíñase cara a guerra civil. O brutal asalto aos campamentos dos Irmáns Musulmáns que protestaban pacificamente contra o golpe de estado perpetrado polo exército exipcio, encamiña a este país ao precipicio. E perante este dantesco espectáculo a comunicade internacional pide “calma” e “contención” ás dúas partes, … Seguir lendo Exipto perante a barbarie

Os García, Catalunya e o futuro de todos

"Os García, Catalunya e o futuro" é unha reportaxe, que de xeito moi didáctica explica a situación económica desta nación, asfixiada polo centralismo económico do estado, que non só irá a menos, senón que coa reforma das administracións públicas irá a máis. A conclusión á que chega esta reportaxe é clara: independencia ou suicidio. Catalunya … Seguir lendo Os García, Catalunya e o futuro de todos