Ola ditadura

O Estado español nunca foi un estado democrático. Desde a morte do Ditador, Francisco Franco, dotouse dunhas estruturas para que nada mudara, para que todo seguise "atado y bien atado". Así aguantou dese 1975 até hoxe 1 de outubro 2017, que caeu o manto democrático con que tapaba o seu verdadeiro rostro autoritario e antidemocrático, … Seguir lendo Ola ditadura

Ártur, de “Mas” a menos

Ártur Mas, presidente da Generalitat, tíñao todo de cara para levar a diante un proceso histórico en Catalunya, onde se empezaría a visualizar que algo, efectivamente, podía cambiar. O president tiña unha maioría sólida no Parlamento e o que é máis importante, na rúa, onde o día 11 de setembro case dous millóns saíron a … Seguir lendo Ártur, de “Mas” a menos

Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

Morreu Adolfo Suárez. Foi o primeiro presidente do goberno central da democracia española, símbolo da vella garda pretoriana da ditadura que soubo adaptarse ás novas circunstancias políticas, para manter o statu quo intacto, para que todo seguira atado e ben atado, como deixou sentenciado o Ditador. Suárez é o símbolo do travestismo político da transición. … Seguir lendo Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

A “Podemos” sóbranlle os partidos políticos

Escoitar a Pablo Iglesias, o líder de Podemos, púxome os pelos de punta. A intervención que podedes escoitar no seguinte vídeo, podiádela oír perfectamente en canles de radio e televisión da ultradereita, como por exemplo en Intereconomía, canle que este aspirante a político visitaba habitualmente. Polo que se ve, todo se pega! Este home afirma … Seguir lendo A “Podemos” sóbranlle os partidos políticos

PSOE: Primarias para todos

O PSOE que de entrada non era moi partidario de celebralas, sobre todo para escoller o secretario xeral, de aí o problema aberto co PSOE galego, onde Pachi Vázquez teimou até saírse coa súa, agora pretenden que todos os partidos celebren primarias por lei. O xeito tradicional de facelo pode ter problemas, porque ao mellor … Seguir lendo PSOE: Primarias para todos

O momento Waldo

O que conseguiches foi afianzar a Monroe. Ti tampouco gañarás, pero eu polo menos intentaba representar... pois non sei, que lle dean polo cu a todo. Se reivindicaras a revolución, xa sería algo, pero non o fas porque iso require coraxe e ter ideas. E que tes ti? Quen es? Que defendes?” A crise económica … Seguir lendo O momento Waldo

Política nudista

O Tribunal de Cuentas quere estender as sospeitas de corrupción aos familiares de todos os políticos enactivo; ascendentes e descendentes, así como as súas parellas (as oficiais, se entende, @s amantes de momento están excluíd@s), serán investigados, se así o aproba a Comisión Mixta Congreso-Senado a proposta deste tribunal que fiscaliza as contas dos partidos … Seguir lendo Política nudista

Até sempre Comandante Chávez, a eternidade agarda por ti!

Se en Galiza se presentara ás eleccións unha persoa como Chávez, seguramente non lle votaría, porque había cousas del que non me gustaban como a seu histrionismo, ese aspecto relixioso da súa oratoria, ... Porén, dada a idiosincrasia tan particular dos países sudamericanos, fora a persoa ideal para loitar pola dignidade dos pobos do continente, … Seguir lendo Até sempre Comandante Chávez, a eternidade agarda por ti!

Da revolución á tecnocracia

Hai uns poucos anos as primaveras árabes inundaban os medios de comunicación. A esquerda occidental -mellor dito, a progresía occidental- poñías como exemplo da loita contra unhas “tiranías”, que até había poucas semanas ou meses eran amigos de toda a vida porque servían fielmente aos intereses occidentais. Estas revolucións inducidas desde arriba, desde o poder … Seguir lendo Da revolución á tecnocracia