Jimmy, o asasinado criminalizado

Logo de ver o tratamento dos medios de comunicación españois sobre asasinato de Jimmy calquera persoa pode pensar que merecía o que lle pasou. Merecía que lle deran duro nesa cabeza con mentalidade de neno de 12 anos. Merecía ser asasinado, porque era un galego cun pasado cheo de altercados coa policía. Era unha carga … Seguir lendo Jimmy, o asasinado criminalizado

O fútbol non se toca

Se algo aprenderon os de Podemos nesta última semana é que o fútbol, o deporte rei no Estado español, é intocábel, e iso que é precisamente neste sector é onde hai máis corrupción, máis favoritismo, que non só afecta a xogadores, senón a xornalistas e a todo o que se move ao seu redor; onde … Seguir lendo O fútbol non se toca

Messi non é político

É unha obviedade, pero Messi non é político. Se o fora, e ante a imputación por un presunto fraude á facenda pública de 4 millóns de euros, Messi tería que dimitir. Porén, cando a finais de agosto empece de novo a liga de fútbol, será aclamado no Camp Nou como un heroe. Non lle asubiarán; … Seguir lendo Messi non é político

Manifestacións? Non…

Ten razón Txema no seu correo que me enviou: a xente que saíu á rúa estes días por mor dos éxistos da selección española non o fixo cando están en xogo os seus dereitos laborais, cando está en xogo o seu sustento. Mais, tendo en conta a asistencia ás manifestacións que houbo en contra das … Seguir lendo Manifestacións? Non…

Machismo

Non é a miña intención facer aquí unha crónica rosa sobre a relación do porteiro da selección española de fútbol, Iker Casillas, e a xornalista, Sara Carbonero, mais as acusacións do xornal Times, sobre que esta última está a “distraer” ao porteiro só se poden clasificar de machistas.Por esa regra de tres, se a Sara … Seguir lendo Machismo

O fútbol xoga co balón pinchado

O BNG ven de presentar unha iniciativa no Congreso para executar a débeda que ten o fútbol español ca Seguridade Social e con Facenda, e na que tamén se pedía que poñan límites aos salarios dos futbolistas e as primas que recibirá a seleccións española de fútbol.A proposición de lei é moi oportuna e mesmo … Seguir lendo O fútbol xoga co balón pinchado

Teño unha corazonada, Río de Janeiro

Sinceramente a min tráeme non me traen sen coidado que as olimpiadas de 2016 sexan en Madrid ou non. Na actual coiuntura económica na que se atopa o Estado Español que toda política económica se xogue a conta dunhas olimpiadas é un espectáculo patético. As olimpiadas son un lastre para as finanzas públicas, en cambio … Seguir lendo Teño unha corazonada, Río de Janeiro

Quen dixo que non se dan créditos

O Banco Santander acaba de conceder ao Real Madrid un crédito de 70 millóns de euros (11.647.000.000 de pesetas) para que poida comprar a Cristiano Ronaldo.A noticia deixa parvo a calquera, porque hai uns días os bancos dicían que non daban créditos porque a economía real tiña problemas, e resulta que lle dan ao Fútbol … Seguir lendo Quen dixo que non se dan créditos