Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

Morreu Adolfo Suárez. Foi o primeiro presidente do goberno central da democracia española, símbolo da vella garda pretoriana da ditadura que soubo adaptarse ás novas circunstancias políticas, para manter o statu quo intacto, para que todo seguira atado e ben atado, como deixou sentenciado o Ditador. Suárez é o símbolo do travestismo político da transición. … Seguir lendo Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

Que facía Blanco Valdés na embaixada ianqui de Chile nas vésperas do golpe de Estado que derrocou e asasinou a Allende?

Blanco Valdés, profesor universitario e columnista habitual de La Voz de Galicia, recoñeceu antonte no programa ViaV de Vtelevisión, que estaba na embaixada ianqui nas vésperas do Golpe de Estado de Pinochet, que derrocou e asasinou a Salvador Allende. Esta revelación coido que é substancialmente importante. Estamos a falar dun “opinador nato” da prensa galega, … Seguir lendo Que facía Blanco Valdés na embaixada ianqui de Chile nas vésperas do golpe de Estado que derrocou e asasinou a Allende?

Claves para entender o golpe de estado contra o presidente Mohamed Mursi

Mohamed Mursi

A vitoria de Mohamed Mursi nas eleccións de Exipto en xuño de 2012 deixoume indiferente, un escepticismo que explicitei poucos días despois do golpe de estado en xullo pasado. A fin de contas, Exipto era (e segue a ser) un aliado dos Estados Unidos desde hai moitos anos así como moitas das monarquías do Golfo … Seguir lendo Claves para entender o golpe de estado contra o presidente Mohamed Mursi

Exipto condensado en 8 minutos de horror

Masacre en Exipto

O desmantelamento dos campamentos de El Cairo en apoio ao presidente Mursi dos Irmáns Musulmáns foi unha auténtica masacre. Eu, que tantas veces vos recomendei vídeos, este, porén, non o podo recomendar, sen antes avisarvos que nestes 8 minutos de horror presenciaredes homes, mulleres e nenos, algúns deles de moi corta idade, masacrados sen piedade … Seguir lendo Exipto condensado en 8 minutos de horror

Exipto perante a barbarie

Muller musulmá perante a ditadura

Xa o dicía hai pouco máis dun mes, Exipto encamíñase cara a guerra civil. O brutal asalto aos campamentos dos Irmáns Musulmáns que protestaban pacificamente contra o golpe de estado perpetrado polo exército exipcio, encamiña a este país ao precipicio. E perante este dantesco espectáculo a comunicade internacional pide “calma” e “contención” ás dúas partes, … Seguir lendo Exipto perante a barbarie

A revolución helena

Hai gobernos tecnócratas e agora temos tamén parlamentos tecnócratas. Onte a maioría -non todos- dos deputados e deputadas que deberían representar a vontade do pobo heleno traizoaron por enésima vez esa vontade ao votar unhas reformas económicas que empobrecerá aínda máis o pobo grego.E cando todo falla, cando os representantes desa vontade traizoan reiteradamente aos … Seguir lendo A revolución helena

A rúa xa é de Fraga

Manuel Fraga, na súa etapa política da ditadura dixo "la calle es mía". Pois, efectivamente, como dixo onte Rubén Cela, portavoz municipal do BNG de Santiago, Fraga xa ten unha rúa, gracias aos votos do PP, e un despistadísimo PSOE, que tamén votou a favor, malia non facerlle falta ao alcalde os seus votos para … Seguir lendo A rúa xa é de Fraga

Volvemos ao século XIX

O Real Decreto aprobado o venres, foi o detonante do caos aeronáutico.De acuerdo con lo establecido en el artículo 5 del citado Real Decreto 1001/2010, la actividad aeronáutica anual no excederá de 1.670 horas, sin perjuicio de la posibilidad de ser incrementada con horas extraordinarias hasta un máximo de 80 horas anuales. En el cómputo … Seguir lendo Volvemos ao século XIX

O estado de alarma é ilegal e inconstitucional

O PSOE decretou o estado de alarma para atallar unha situación excepcional que non está amparada pola lei. Vexamos porqué.Os motivos polos que se pode estabelecer o estado de alarma descríbense no artigo 4 da Lei 4/1981, que di o seguinte:O Goberno, en uso das facultades que lle outorga o  artigo 116.2 da Constitución poderá declarar … Seguir lendo O estado de alarma é ilegal e inconstitucional

A mala educación

Chegoume por correo electrónico un libriño publicado en 1940 para os rapaces da ditadura. O libriño, titulado Así Quiero Ser, editado con "Censura eclesiástica", alecciona aos máis novos sobre cousas como a patria, a familia, o Caudillo, o comercio, o diñeiro, a liberdade, etc... con aseveracións como "El Caudillo sólo responde ante Diós y ante … Seguir lendo A mala educación