Beneficios que non se poden imaxinar

O 18 de febreiro de 2003, antes de que Estados Unidos atacara Irak, Jeb Bush, o irmán do Presidente do Imperio, visitou a Moncloa, que en aquel momento estaba habitada polo prepotente José María Aznar e tamén ao "bo" do Gallardón. O Irmán referiuse á guerra de Irak como unha oportunidade que daría uns beneficios … Seguir lendo Beneficios que non se poden imaxinar

Isto pinta mal

Indonesia, produtor de petróleo, abandona a OPEP porque agora ten que importar petróleo e a súa produción non dá nin para abastecer o seu mercado. Isto ten mala pinta, como xa apuntei no título, e recórdame un documental, que podedes ver a continuación, e que fala da cénit da produción de petróleo, que explica certos … Seguir lendo Isto pinta mal

O diñeiro é débeda

Non sei se recordades que os billetes antigos tiñan unha lenda na que se nos dicía que o valor dese billete podería trocarse por ouro, o que nos garantía que os cartos que tiñamos no peto tiñan algún valor. Hoxe, como ben sabemos, esa lenda desapareceu e o valor da moeda depende do que digan … Seguir lendo O diñeiro é débeda

A realidade supera a ficción

Eu sempre me tomo con certa cautela os atentados terroristas que se lle adxudican a Al Qaeda dende occidente, que sempre está á procura dun inimigo contra o que loitar. Aquí vos deixo un vídeo documental sobre os atentado do 7 de xullo de 2005 en Londres, e despois de velo cada quen que pense … Seguir lendo A realidade supera a ficción

Benazir Bhuto: a muller que sabía demasiado?

Seguramente o título deste post non sexa o máis axeitado, pero ao mellor pode explicar os últimos acontecementos de Benazir Bhuto. Esta muller, cuxa vida sempre estivo ligada con violentos acontecementos, gobernou Pakistán entre 1988-1990 e entre 1993-1996, marchado a un exilio dourado e Dubai e Londres, regresando a Pakistán, coa intención de presentarse ás … Seguir lendo Benazir Bhuto: a muller que sabía demasiado?

Voto electrónico? non gracias

No mes de marzo hai eleccións xerais e seguramente que en algunha parte do Estado se farán simulacros ou poderase facer uso do voto electrónico (hai que ser modernos), baixo o pretexto de que é máis rápido, e seguramente se nos dirá que é máis seguro e democrático. Eu estou totalmente en contra do voto … Seguir lendo Voto electrónico? non gracias

Para saber de que estamos a falar…

Logo desta polémica de Chávez con Juan Carlos de Borbón, e por extensión, co goberno español, recomendo a visualización deste documental: Memoria do Saqueo, de Fernando Solanas. Trata da desfeita da economía arxentina a mans, en algúns casos, de empresas españolas, en connivencia co poder político local. Insisto, moi recomendábel, son dúas horas, pero merece … Seguir lendo Para saber de que estamos a falar…

Os Tres do Eixo

A cotío se nos fala de seguridade vial, de que corremos moito co coche, ... que si os puntos, etc, etc, etc. Na nosa rede de estradas, co noso particular xeito de asentarnos territorialmente, espallados e pegados as vías de comunicación, seguramente hai casos como os do Eixo (parroquia de Santa Lucía en Santiago) a … Seguir lendo Os Tres do Eixo

Quedámonos sen pedras

A Mesa alerta de que o galego «está na peor situación da súa historia»O último estudo sociolingüístico, da Real Academia, indica que só é o idioma inicial do 20% da poboaciónO Estudo da Real Academia Galega ven a confirmar o que moitos sospeitamos desde hai moito tempo. Cada vez somos menos os que utilizamos galego … Seguir lendo Quedámonos sen pedras