Eufemismos nucleares

As noticias sobre a situación da central nuclear de Fukushima sucédense contraditoriamente. Un día os medios din que a radiación supera 10.000.000 millóns de veces as cifras normais e tolerábeis, para, ao día seguinte, rebaixala a 100.000, como se iso fora un dato mellor para saúde dos nipóns e dos veciños asiáticos.Os medios foxe das … Seguir lendo Eufemismos nucleares

O cambio climático

Non teño ningunha dúbida de que o ser humano inflúe de xeito moi importante no medio ambiente. Arrasamos bosques, esquilmamos os mares, contaminamos o aire co fume dos coches e das fábricas, etc, e todo iso está repercutindo negativamente no clima, e lenta pero inexorabelmente nos encamiñamos a período de aumento das temperaturas, no que … Seguir lendo O cambio climático

Facer que se fai

Miguel Sebastián, Ministro de Industria, ven de presentar unha serie de medidas de aforro enerxético. Entre elas quero destacar as seguintes:Dentro de los procedimientos de contratación pública, se establecerá un criterio de preferencia sobre los vehículos turismos de clase de eficiencia energética A. Están incluídos nestes vehículos os de alta gama que utilizan os altos … Seguir lendo Facer que se fai

Que goberne calquera, menos o nacionalismo

Das imaxes que saen na prensa da manifestación apoiada por unha serie de colectivos sociais, ecoloxistas, etc, baixo o título “Galiza non se vende”, quédome con esta que vedes. Nela pódese ver unha pancarta co seguinte lema: “Quintana dimisión, Beiras oposición, BNG traizón ao País”. Polo que se deduce, ao portador da mesma, non quero … Seguir lendo Que goberne calquera, menos o nacionalismo

Cambio de hora

O único bo que ten o cambio de hora é que o sábado pasado os noctábulos gozamos dunha hora máis, que seranos descontada alá polo mes de marzo. Polo demais eu poño en dúbida de que este cambio supoña algún beneficio colectivo. Exemplo: imaxinade unha oficina, onde teñen prendidas as luces desde que entran até … Seguir lendo Cambio de hora

Mariano no problem

Moito deu que falar o comentario de Mariano Rajoy minimizando o cambio climático e o efecto invernadoiro producido pola emisión de CO2 á atmósfera. A verdade é que eu non me sorpredín en absoluto, aínda recordo cando minmizaba os efectos do Prestige e os "hilillos de plastilina" que saían do barco famoso.Maríano Rajoy, como casi … Seguir lendo Mariano no problem

Seis torturas seis…

Como cada ano que chega o bo tempo, temos que asistir na nosa terra a un espantoso espectáculo onde, publicamente e para algarabía do público asistente, se maltrata a un animal. Din que é arte (a pintura tamén é arte e non se tortura a ninguén), que é tradición (desde logo galega non), e baixo … Seguir lendo Seis torturas seis…

De botellóns

Eu podo atopar un sinfín de argumentos para xustificar o botellón. Desde logo en máis dunha ocasión estiven tentado de unirme a un deles tendo en conta o caras que están as consumicións nos locais de copas. Pero o que non pode ser é que despois de cada botellón queden as rúa feitas un cristo. … Seguir lendo De botellóns

As miñas reflexións sobre REGANOSA

Ao fío do artigo que Carlos Aymerich ven de publicar no GZNación, coido necesario recuperar unha entrevista que lle fixeron na Radio Galega a Victoriano Urgorri, que fixo un estudo do impacto ambiental da planta de REGANOSA en Mugardos. Este científico di que o problema da ría de Ferrol non é a regasificadora, que salienta … Seguir lendo As miñas reflexións sobre REGANOSA