Estamos ás portas da tormenta perfecta?

Eclipsado en occidente pola crise grega e polas interminábeis negociacións deste país coa Troika, estamos asistindo con asombroso silencio mediático á caída da bolsa china, que acumula xa unhas perdas do 30% do seu valor e ten paralizado a cotización de preto de 1.500 empresas polas elevadas perdas que acumulaban. E no medio de todo … Seguir lendo Estamos ás portas da tormenta perfecta?

Nin o Espírito Santo se libra

O banco portugués, Espírito Santo quebrou e tivo que se rescatado polo fondo interbancario europeo con 4.900 millóns de euros. Os contribuíntes disque non poñen un duro, lanzáronse a anunciar as autoridades. Os accionistas en cambio pérdeno todo. Alá eles, pesaredes, que non meteran os cartos nunha entidade financeira. Si, certo! Mais cando tes unha … Seguir lendo Nin o Espírito Santo se libra

Que está pasando?

Non sei se vos pasou algunha vez, pero hai algún tempo a tarxeta do banco co que traballaba habitualmente (prefiro obviar o nome) tiña certos problemas ao chegar o fin de semana. O caixeiro dicíame que superara o límite diario, cousa que non era certa. Non foi nin unha nin dúas veces, foron varias as … Seguir lendo Que está pasando?

Todo é susceptíbel de empeorar

Hai uns días lin en Gurusblog un inquietante artigo sobre a burbulla de crédito china. Segundo o artigo un fondo de inversión comercializado po ICBC, un dos maiores bancos chinos, ten serios problemas, acumulando unha débeda de 5.900 millóns de “yuáns”, e busca liquidez desesperadamente que o salve de bancarrota. O efecto da quebra deste … Seguir lendo Todo é susceptíbel de empeorar

Véndese: “Todo por la patria”

Non, tranquilos, non me pasei ao lado escuro; se posteo esta entrada é porque me parece curiosa a imaxe que atopei en Facebook e que é todo un síntoma do deterioro da economía do Estado Español. A política de austeridade que iniciou o PSOE e que rematou o PP ten as súas consecuencias na pel … Seguir lendo Véndese: “Todo por la patria”

Morre a Thatcher, pero non o liberalismo

Hoxe morreu Margaret Thatcher, a dama de Ferro, a muller que, a principios dos 80 do século pasado, iniciou as políticas neoliberais en Europa. E hoxe, malia a súa morte física, as súas ideas, non só están máis vivas, senón que terán continuidade noutra muller, Angela Merkel, que, con man de ferro, dirixe a política … Seguir lendo Morre a Thatcher, pero non o liberalismo

De momento o abismo pode agardar

Xa non é a primeira vez que a potencia imperial nos ten co corazón nun puño, como se dunha película “Made in Hollywood” se tratara. Desta volta foi polo “Fiscal Cliff”, o abismo fiscal. En esencia suporía unha subida automática de impostos e recortes de gastos, desde os militares até os sociais, logo da moratoria … Seguir lendo De momento o abismo pode agardar

Catástrofe sen paliativos

"Independentemente de cales sexan as raíces profundas desta parálise, está a quedar cada vez máis claro que fará falta unha catástrofe sen paliativos para que haxa algunha acción política real que vaia máis aló dos rescates bancarios. Pero non desesperen: ao paso ao que van as cousas, especialmente en Europa, a catástrofe sen paliativos podería … Seguir lendo Catástrofe sen paliativos

De burbulla en burbulla até o estoupido final

707.568.901.000.000 $. Este é o importe total de derivados financeiros que había rulando polo mundo adiante á altura de xuño deste ano. Tendo en conta que en decembro de 2010, era de 601 billóns de dólares, xa podedes botar contas do crecemento exponencial destas armas de destrución masiva da economía mundial, que hai agora mesmo.Dá … Seguir lendo De burbulla en burbulla até o estoupido final