En Marea, centrados nos problemas de España

En Marea, a confluencia “podemita” galega, entrou no Congreso anunciando que serían a voz de todas as galegas e galegos, tentando así eclipsar os 20 anos do BNG Madrid. Nada máis lonxe. O movemento demóstrase andando e os feitos deixan negro sobre branco que a realidade é moi distinta. Aquí un exemplo: con todos os…… Seguir lendo En Marea, centrados nos problemas de España

Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Lidia Senra é de Anova e polo tanto está vinculada a En Marea. Isto é un feito, non é discutíbel. Foi a candidata de Alternativa Galega de Esquerdas, marca política de usar e tirar de Anova e Esquerda Unida, que se asociou con Podemos para acudir ás Eleccións Europeas de 2014. Ademais, como eurodeputada está…… Seguir lendo Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

Das catro forzas políticas con representación no Parlamento Galego, dúas delas utilizaron o español nas as alegacións á auditoría das contas das pasadas eleccións Galegas que dirixiron ao Consello de Contas. Un dos partidos é o PP (páxina 83), nada novo baixo o sol. A outra organización que utilizou a lingua de Cervantes é En…… Seguir lendo En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

Travolta Villares

Parece ser que Podemos pediu unha reunión a “Jueces para la democracia” no marco da campaña que o partido de Pablo Iglesias está realizando para recoller apoios sociais e políticos para a súa moción de censura a Rajoy. Preguntado o portavoz de En Marea, Luís Villares, por tal asunto, respondía o domingo 30 de abril…… Seguir lendo Travolta Villares

En Marea: a procesión dos caladiños versión rupturista 2.0

Logo de que o BNG perdera as súas deputadas en Madrid, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, En Marea estaba chamada a ser a “voz de Galiza” na capital do Estado. Sen embargo, perfectamente instalados na grupo de Unidos Podemos, En Marea non existe nin ten voz propia, totalmente eclipsada polos líderes morados de Podemos.…… Seguir lendo En Marea: a procesión dos caladiños versión rupturista 2.0

Likes do “Máis Alá”

A unha das candidaturas que compiten por facerse co control de En Marea fóiselle a man na rede, concretamente en Twitter. Para parecer máis populares nesta rede e así poñer contra as cordas aos seus adversarios, as cabezas pensantes desta candidatura non se lle ocorreu outra cousa que comprar “Likes” (gústames) nesta rede social, unha…… Seguir lendo Likes do “Máis Alá”

Que une a PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos en Pontevedra?

Até onde eu sei, a situación que se está a vivir en Pontevedra é inédita en Galiza. Que a oposición en bloque emende os orzamentos dun goberno en minoría é algo que por estes lares aínda non se viu. Por que non estamos a falar de que os catro partidos políticos voten en contra dos…… Seguir lendo Que une a PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos en Pontevedra?