Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

O certo é que ía deixar pasar o asunto da detención do asesor de AGE, Ramiro Santalices, acusado dun presunto caso de pornografía infantil. No seu momento entendía que iso pertencía ao ámbito privado desa persoa e non merecía máis comentarios, aínda que é obvio que colateralmente afecta directamente, -e moito-, á organización política AGE … Seguir lendo Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

Beiras: da traxedia á farsa

Hegel, o filósofo alemán, pensaba que a historia e os grandes persoeiros tenden a repetirse dun xeito ou doutro. Así por exemplo, hai case corenta anos o debate territorial no Estado español despachouse co que se coñece como "café para todos", pero que o tempo demostrou que só contentou a uns poucos, aos que querían … Seguir lendo Beiras: da traxedia á farsa

Por que quere pechar Podemos o acordo con Anova e Esquerda Unida antes do domingo 27S?

Segundo informa La Voz de Galicia, portavoz oficioso de Podemos, Anova e Esquerda Unida, o pacto para as Xerais pecharase antes das eleccións catalás do 27 de setembro. A pesar do paripé mantido nos últimos meses o pacto estaba cantado desde antes do verán -de aí o cachondeo de Beiras e Yolanda Díaz hai un … Seguir lendo Por que quere pechar Podemos o acordo con Anova e Esquerda Unida antes do domingo 27S?

Anova, Esquerda Unida e Podemos non queren confluencia

A noticia que avanza hoxe La Voz de Galicia é seguramente un mazazo para moitas persoas que confiaban nunha candidatura conxunta dos partidos e dos colectivos que se atopan antípodas do PP e do PSOE, e que queren que Galiza conte cun forte presenza política no Congreso dos Deputados, nunha lexislatura na que seguramente se … Seguir lendo Anova, Esquerda Unida e Podemos non queren confluencia

Unha Marea Galega con dique de contención no Manzanares

Os galegos e galegas coñecemos perfectamente as bondades das mareas nas nosas costas, sen elas e sen as correntes marítimas que as nutren Galiza non sería un referente mundial a nivel marisqueiro e pesqueiro. Neste sentido, a idea dunha "Marea Galega" para concorrer ás eleccións xerais, onde conflúan organizacións políticas e sociais galegas, é unha … Seguir lendo Unha Marea Galega con dique de contención no Manzanares

Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Nas películas ambientadas no oeste americano cantas veces vistes ao xinete cambiar de cabalo, mesmo en carreira, para zafarse dos seus perseguidores ou mesmo para alcanzar ao bo da película? Centos de veces, seguramente! Pois iso é o que van facer Beiras e os seus de aquí a poucos meses ou polo menos iso é … Seguir lendo Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

O documento gráfico que podes ver a continuación correu onte como a pólvora polas redes sociais. Trátase dun correo electrónico dun representante de Anova Vigo enviado a un grupo de debate desta organización, no que explica os pasos a dar para controlar e organizar as Mareas, neste caso a desta cidade, sen que se note … Seguir lendo Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

Anova é a imaxe da ambiguidade

A imaxe que acompaña esta entrada no blog está pendurada no Twitter de Martiño Noriega, o segundo mandamáis de Anova. Logo da espantada de onte de Izquierda Unida e Anova, co que se malograba a oportunidade de confluír nunha soa manifestación a prol dunha república galega e prol do dereito a decidir dos pobos co … Seguir lendo Anova é a imaxe da ambiguidade

E cando chega Deus?

O Deus de AGE, segundo Carmen Iglesias, chega sempre tarde, en concreto 45 minutos tarde na última reunión do luns pasado, data na que a deputada de Ourense anunciou a súa marcha ao grupo mixto. Esta expresión deixa claro, que unha cousa é horizontalidade e a democracia, e todo o poder para as bases e … Seguir lendo E cando chega Deus?

AGE escacha

Carmen Iglesias abandona AGE e pásase ao grupo mixto, afondando aínda máis na crise do grupo revelación das pasadas eleccións galegas, nas que irromperon no Parlamento Galego con un resultado electoral inédito na política galega. Todo empezou coa renuncia á acta de deputado por Ourense de David Fernández Calviño. Un proceso rutinario e burocrático en … Seguir lendo AGE escacha