Rebelión na arca de Noé

Non sei se sabiades, pero “O Beiriñas”, o boneco que utilizou AGE durante a campaña electoral e que garda unha asombroso parecido con Beiras, é en realidade Noé, o personaxe bíblico que construíu unha arca para salvar a humanidade do diluvio universal, e que se vende en Alcampo por 26,98 €. Ao igual que Noé, … Seguir lendo Rebelión na arca de Noé

Máis dimisións en Anova

Onte dimitiu Martiño Noriega das súas resposabilidades de coordinador de Anova, e hoxe catro militantes máis desta formación política liderada por Beiras tamén dimiten, pero da súa comisión permanente: Antón Dobao, Xiana López, Xurxo Martínez e Mar Blanco. A situación interna de Anona xa roza a explosión nuclear e o liderado de Beiras toca a … Seguir lendo Máis dimisións en Anova

Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

O affaire do escano de Davida Fernández Calviño tiña difícil solución tal e como se sucederon as cousas desde un principio, mais coido que xa rozan o esperpento e terá consecuencias políticas inevitábeis para coalición electoral AGE. Era dificil xustificar que Carme Iglesias, a segunda da lista por Ourense, pasara ao grupo mixto, xa que … Seguir lendo Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

A vinganza será terríbel

Ignoro se Yolanda Díaz pretendía dicir outra cousa, mais se esa era a súa idea non puido perder mellor ocasión para estar calada. Dicirlle a unha militante de Esquerda Unida, sobre a que pesa un expediente disciplinario, que “non lle desexo a ninguén o que vai vivir Carmen Iglesias no Parlamento”, é unha metedura de … Seguir lendo A vinganza será terríbel

O avogado de Esquerda Unida “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do xuízo” do Prestige

xuízo mediático

Esquerda Unida ou Izquierda Unida, -non sei, mais tanto ten-, era parte no xuízo do Prestige, no que presentou unha serie de cargos contra o capitán, Apostolos Mangouras, e contra contra José Luís López Sors. Malia todo, e segundo reflicte a propia sentenza (páxina 81) “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do … Seguir lendo O avogado de Esquerda Unida “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do xuízo” do Prestige

AGE-Prestige: algunhas coincidencias

barco age

No aniversario do Prestige, AGE, a formación política liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, non puido buscar unha data peor para anunciar a dimisión de David Fernández Calviño como deputado do Parlamento Galego, na procura de buscar unha saída a unha crise que está lonxe de contentar a todos e todas. Como no … Seguir lendo AGE-Prestige: algunhas coincidencias

AGE perdeu a virxinidade

Así están os votantes de AGE

AGE presentouse ás eleccións de outubro de 2012 totalmente inmaculados, nun contexto de forte desafección á política e aos partidos políticos. A nivel galego non se lle coñecían escándalos de ningún tipo, e a súa escasa presenza nas institucións pasou totalmente desapercibida para os electores, que viron nesta forza liderada por Xosé Manuel Beiras, amplamente … Seguir lendo AGE perdeu a virxinidade

Esquerda Unida é tan autónoma de Madrid como o PSdeG ou PPdeG

Malia os coqueteos de Esquerda Unida co dereito de autodeterminación, que logo se traduce no Congreso nun si, pero non aquí. Malia o empeño de Yolanda Díaz en demostrar que eles, Esquerda Unida, son un partido autónomo, que nada ten a ver cos da rúa Olimpo de Madrid, a realidade é teimuda como a pingueira … Seguir lendo Esquerda Unida é tan autónoma de Madrid como o PSdeG ou PPdeG

“Izquierda Unida”, a esquerda real que recorta como o PP

O goberno andaluz, en mans de PSOE e “Izquierda Unida” suprimirán o complemento da paga extra de Nadal no caso de que o goberno do estado non o faga. A escusa: salvar 30.000 empregos. No caso do goberno de Mariano Rajoy a escusa era salvar o “elevado déficit” das administracións públicas, que inxectaron cantidades escandalosas … Seguir lendo “Izquierda Unida”, a esquerda real que recorta como o PP

Beiras participa na asemblea de Esquerda Unida

Intervención de Beiras na asemblea de EU

Dicía Beiras hai uns días que “non se sabe quen son os deputados de Anova e quen os EU”, toda unha declaración de principios de que o nacionalismo da formación que preside non se ía manifestar nin ía colidir co españolismo da outra forza política da Alternativa Galega de Esquerdas. E así é! A fusión … Seguir lendo Beiras participa na asemblea de Esquerda Unida