Un garda civil e un militar presuntos asasinos de Jimmy. Agora enténdese todo!

Os presuntos asasinos de Jimmy, o afeccionado do Deportivo, asasinado en Madrid, forman parte das cloacas do exército, dunha das máis altas institucións do Estado, da forza que salvagarda a sacrosanta unidade de España, a institución mellor valorada pola cidadanía, que manda truco! Os presuntos asasinos de Jimmy non pertencen a familias desestruturadas, tampouco están … Seguir lendo Un garda civil e un militar presuntos asasinos de Jimmy. Agora enténdese todo!

Jimmy, o asasinado criminalizado

Logo de ver o tratamento dos medios de comunicación españois sobre asasinato de Jimmy calquera persoa pode pensar que merecía o que lle pasou. Merecía que lle deran duro nesa cabeza con mentalidade de neno de 12 anos. Merecía ser asasinado, porque era un galego cun pasado cheo de altercados coa policía. Era unha carga … Seguir lendo Jimmy, o asasinado criminalizado

O fascismo instálase en Ucraína

Perplexo me quedei ante as imaxes que podedes ver no vídeo desta entrada. Se isto ocorrera en Venezuela ou noutro país hostil aos intereses do Imperio, estas imaxes serían portada de todos os informativos e de todos os xornais. Neste vídeo podemos ver como membros do partido fascista e pro-nazi Svoboda atacan ao director da … Seguir lendo O fascismo instálase en Ucraína

Tres procesos electorais, tres intervencións xudiciais. Casualidade?

Que nas vésperas de tres procesos electorais diferentes (Xerais 2011, Galegas 2012 e Europeas 2014) se inicien tres procesos xudiciais (Campeón, Pokemon e Patos, respectivamente) pode parecer casual. Que a día de hoxe non se celebrara ningún xuízo, é unha grave irregularidade do funcionamento da xustiza que ninguén se cuestiona. O único xuízo que hai … Seguir lendo Tres procesos electorais, tres intervencións xudiciais. Casualidade?

Fascismo

fascismo

O ataque fascista nas oficinas dun avogado que defende a querela presentada en Arxentina polos crimes da ditadura franquista non é casual, pois demostra que transición foi un mero lavado de cara, quitar as bandeiras do aguilucho e pouco máis. Os mesmos que mantiñan o poder das estruturas do Estado durante a ditadura son os … Seguir lendo Fascismo

O Estado Español camiño do “far west”

Bandeiras fascista na manifestación da AVT

As vítimas de calquera delito non poden ditar a política penitenciaria. Se así for, non estariamos nun estado de dereito, sería unha especie de ditadura ou algo parecido ao salvaxe oeste onde a única lei é o “ollo por ollo e o dente por dente”. A Constitución Española indica no artigo 25, apartado 2, que … Seguir lendo O Estado Español camiño do “far west”