Beiras perde o norte definitivamente

Cayo Lara e Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova e de AGE, xa non é que diga que Galiza non pode valerse por si mesma, que ten que apoiarse en España para conseguir os seus obxectivos, senón que agora xa non quere que Galiza celebre eleccións en 2016, negándolle toda capacidade de renovar os seus instrumentos políticos, por … Seguir lendo Beiras perde o norte definitivamente

O galego e o prezo dos repolos

Recordo, hai xa uns anos, nunhas das múltiples manifestacións ás que acudín en defensa da lingua galega, achégaseme unha mulleríña, xa maior, moi de Santiago de Compostela, e preguntoume para que era a manifestación. Obviamente díxenlle que para defender o idioma galego. Ela respondeume que o que tiñamos era que protestar polo elevado prezo dos … Seguir lendo O galego e o prezo dos repolos

O debate do estado da Nación nas redes sociais

A unha semana do debate sobre o Estado da Nación coido que é o momento de analizar a repercusión que tiveron en Twitter as organizacións políticas con representación no Parlamento Galego, así como algúns dos seus deputados. Facer unha análise nas redes sociais, especialmente no volátil Twitter, é complicado, xa que habería que ter en … Seguir lendo O debate do estado da Nación nas redes sociais

Cantas veces teremos que pagar a sanidade pública?

Desde 2003 as gasolinas e gasóleos consumidos no noso país están gravados con un céntimo por litro para pagar a sanidade pública. Xa ninguén se acorda diso, hai máis de 10 anos. Tanto é así que Feijóo e o seu partido prevén aprobar outro novo tributo que incrementará aínda máis os carburantes en Galiza, coa … Seguir lendo Cantas veces teremos que pagar a sanidade pública?

Xunta Vice, a película

Xunta Vice

O certo é que o affaire de Feijóo e Marcial Dorado seguro que daba para un bo thriller cinematográfico co narcotráfico e a política de fondo; hoxe nos Picos de Europa, mañá en Ibiza e de volta para Galiza facendo unha pequena parada en Cascais, Portugal. Porén, tan trepidante foi a cousa que se quixeramos … Seguir lendo Xunta Vice, a película

Alonso Montero, o españolista

É máis doado que un dromedario pase polo ollo dunha agulla que que un españolista defenda como se debe o noso idioma, o galego. O presidente da Real Academia, que apenas leva un par de semanas no cargo e xa deu bastante de que falar, non só recoñece que é españolista, no senso político do … Seguir lendo Alonso Montero, o españolista

Feijóo e Alonso Montero, dúas caras da mesma moeda

Se xa é bastante desgracia ter un presidente da Xunta como Feijóo, que é un auténtico galeguicida, o que xa é de traca é ter un presidente da Real Academia Galega que presume publicamente de non falar o galego habitualmente, como como sería o normal nunha persoa que pertence a tan alta institución, que debería … Seguir lendo Feijóo e Alonso Montero, dúas caras da mesma moeda

En menos dun ano Pemex pechará Hijos de J. Barreras

Lo que se busca es que al ser socio mayoritario del astillero, toda la inversión se haga en México. Estamos hablando de una inversión importante que haría Pemex Exploración y Producción de 450 millones de dólares en menos de un año”. El Universal Resumindo, que Hijos de J. Barreras pechará en menos dun ano e … Seguir lendo En menos dun ano Pemex pechará Hijos de J. Barreras

Véndese Galiza

Sen tecido industrial, abandonandos á súa sorte os sectores produtivos e atacando os seus sinais de identidade, o PP procura converter Galiza un terreo ermo, libre de cargas económicas e demográficas para vender ao mellor postor no momento oportuno. Por se non había suficientes evidencias, é a aquí o corpo do delito, o anuncio patrocinado … Seguir lendo Véndese Galiza

Feijóo e Marcial Dorado: dous homes e un destino

A imaxe que ilustra esta entrada pertence ao que queda dunha estación de servizo que hai en Caldas de Reis (saída Pontevedra) que no seu día foi propiedade de Marcial Dorado, o amigo de Feijóo. O que parecía no seu día un negocio florecente, que daba emprego a un numero importante de traballadores e traballadoras, … Seguir lendo Feijóo e Marcial Dorado: dous homes e un destino