Así se entreteñen os deputados do PP

O conselleiro de industria, Javier Guerra, le un libro ou unha revista mentres intervén Francisco Jorquera, deputado do BNG, no debate de investidura. Pobriño, abúrrese, el xa ten decidido o seu voto, e non lle interesa nada en absoluto o que diga o BNG.Os do PP van ter que facer un curso acelerado de respecto … Seguir lendo Así se entreteñen os deputados do PP

A cambio de que Sr. Feijoo?

A min non me regalan nada. Supoño que á maioría dos que visitades o meu blog tampouco. Sabemos que aos políticos desfrutan de prebendas que os demais mortais non podemos. Podo entender que o Parlamento de Galiza, o Congreso ou o Senado poña a disposicións das súas señorías o último do último en tecnoloxía, mesmo … Seguir lendo A cambio de que Sr. Feijoo?

Dúas varas de medir

Quintana non pode subirse ao iate dun amigo. Touriño non pode ter un coche blindado. En cambio Feijoo si pode recibir dunha multinacional francesa afincada en Galiza un agasallo valorado en máis de 42.000 euros, na súa opción máis barata, aínda que seguro que o coche que utiliza Feijoo vale máis ca iso. E o … Seguir lendo Dúas varas de medir

Estaban dicíndonolo pero non lles fixemos caso

Estes dias ollando fotos da noite electoral reparei nunha cousa: a Feijoo véselle conteto, pero non eufórico, que sería o estado de ánimo no que se atoparía calquera que acabe de gañar unhas eleccións tan, a priori, axustadas coma estas. Así que púxenme a ollar na canle Flickr do PP, e reparei na foto que … Seguir lendo Estaban dicíndonolo pero non lles fixemos caso

Primeiras impresións sobre o 1-M

Non hai dúbida, gañou o PP, no medio dunha participación sen precedentes en Galiza. E hai que descubrirse o sombreiro, xa que gaña no medio dunha enxurrada mediática onde saltaban día si e día tamén as corruptelas, liortas internas, etc, etc... e o máis importante para unha organización de poder, que gaña sen ter poder … Seguir lendo Primeiras impresións sobre o 1-M

Unha Galiza diferente

Con independencia do resultado do domingo 1 de marzo, percíbese no ambiente que Galiza é xa un problema para o Estado. Se todos temiamos que a campaña electoral de Euskadi ía solapar mediaticamente a galega, hoxe podemos dicir que nada máis lonxe da realidade. Galiza, hoxe, último día de campaña, capitaliza a atención mediática do … Seguir lendo Unha Galiza diferente

Unha campaña con tácticas neocon

Non é nada novo, os neo-conservadores americanos xa o empregaron contra Bill Clinton (e perderon, todo hai dicilo), e a susursal neocon en Galiza, chamada PP, está a utilizar a mesma táctica: ensuxar, enmerdar a todo dios, utilizar mentiras e difamacións, sacar do arquivo fotos do ano 2005, ataques persoais por SMS... todo vale contra … Seguir lendo Unha campaña con tácticas neocon

O PowerPoint entra en campaña

Veño de ler en Vieiros que o PP suplantou a identidade do PSOE e do BNG para propagar diversas presentacións feitas no PowerPoint de Microsoft con diversos asuntos que prexudicarían a estes dous partidos, concretamente o asunto Villa-PSOE e a foto de Anxo Quintana con Jacinto Rey. Eu non recibín ningún destes arquivos, pero, como … Seguir lendo O PowerPoint entra en campaña

Guerra suxa nos medios contra o BNG

Os medios de comunicación estanse a lucir co BNG. Se xa tiñamos abondo con La Voz, agora súmase o diario da dereita monárquica ABC. E por se fora pouco, agora tócalle a axencia Europa Press, que ten unha noticia FALSA na súa web e aínda non rectificaron. O BNG informou que Quintana non tivo ningún … Seguir lendo Guerra suxa nos medios contra o BNG