En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

Das catro forzas políticas con representación no Parlamento Galego, dúas delas utilizaron o español nas as alegacións á auditoría das contas das pasadas eleccións Galegas que dirixiron ao Consello de Contas. Un dos partidos é o PP (páxina 83), nada novo baixo o sol. A outra organización que utilizou a lingua de Cervantes é En…… Seguir lendo En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Non hai moitos días mirei por casualidade esta reportaxe no informativo da TVE1. Trátase dun concurso musical para adolescentes e xente moza en idade escolar, segundo a canle pública, era unha alternativa ao botellón. O que me chamou a atención non era a intención da proposta, ao contrario, nada que dicir ao respecto, senón o…… Seguir lendo O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Deturpedia, cambiando a realidade do noso país

“La Vega”, “Chandreja de Queija”, “Ginzo de Limia”, “Lobera”, “Villa de Cruces”, “Arteijo”, “Rianjo”, “Villagarcía de Arosa”, ... e xa non sigo porque me poño malo. Estes topónimos -por chamarlle algo- podes atopalos na edición española da Wikipedia, que como sabedes é unha web na que non hai un empresa ou entidade responsábel do seu… Seguir lendo Deturpedia, cambiando a realidade do noso país

Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

O programa “Anda ya!” dos “Cuarenta principales” emitiu hoxe un anuncio da empresa Vivus ofensivo con todos os galegos e galegas. Esta empresa que se adica aos micropréstamos rápidos, ten un anuncio no grupo de emisoras da Cadena Ser, onde un Lémur, un mono de Madagascar con “acento gallego”, recomenda Vivus para conseguir un destes… Seguir lendo Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

As 10 entradas máis vistas de 2014

Aínda que xa van seis días de 2015 non é tarde para facer un repaso das 10 entradas que máis visitas tiveron ao longo de todo o 2014. Estas son: A imaxe de Jimmy que os medios non che ensinaron Almodovar e o analfabeto “gallego” Podemos ten un problema co galego Así cociñan Esquerda Unida… Seguir lendo As 10 entradas máis vistas de 2014

O galego e o prezo dos repolos

Recordo, hai xa uns anos, nunhas das múltiples manifestacións ás que acudín en defensa da lingua galega, achégaseme unha mulleríña, xa maior, moi de Santiago de Compostela, e preguntoume para que era a manifestación. Obviamente díxenlle que para defender o idioma galego. Ela respondeume que o que tiñamos era que protestar polo elevado prezo dos…… Seguir lendo O galego e o prezo dos repolos

Podemos ten un problema co galego

A imaxe que acompaña esta entrada é real. Atopeina no Facebook de Frai Rei García, un activista da lingua galega. Se o cartaz fora para anunciar a reunión noutra localidade ao mellor non me chamaba tanto a atención, pero utilizar o castelán para convocar unha reunión de Podemos en Allariz é unha soberana torpeza. Por…… Seguir lendo Podemos ten un problema co galego