Viva Santa Rosalía e San Castelao!

A Igrexa Católica non creo que sexa exemplo de moitas cousas, sen embargo, si tiña (ten) claro que para manter a fe dos crentes e na institución, cada certo tempo había que renovala recordando certos eventos transcendentais ou a certos persoeiros que se significaron e/ou sacrificaron na defensa da ortodoxia cristiá. É evidente que a … Seguir lendo Viva Santa Rosalía e San Castelao!

Beiras: da traxedia á farsa

Hegel, o filósofo alemán, pensaba que a historia e os grandes persoeiros tenden a repetirse dun xeito ou doutro. Así por exemplo, hai case corenta anos o debate territorial no Estado español despachouse co que se coñece como "café para todos", pero que o tempo demostrou que só contentou a uns poucos, aos que querían … Seguir lendo Beiras: da traxedia á farsa

Galiza non pode ficar atrás

Se algunha lección podemos sacar os galegos e galegas das eleccións catalás é que non podemos ficar atrás. Lamentabelemente é pouco probábel que Catalunya declare a independencia, os números non dan, a pesar da vitoria do Si, pero deixa clara que hai unha maioría do pobo catalán que quere maiores cotas de soberanía, e se … Seguir lendo Galiza non pode ficar atrás

Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Por se alguén tiña algunha dúbida, o Community Manager de Anova encargouse de despexar a incógnita. A organización liderada por Beiras e Martiño Noriega non participará nunha candidatura unitaria do nacionalismo galego nas vindeiras eleccións xerais, unha candidatura de país e sen ataduras a Madrid, co centro de decisión en Galiza. @alvinzinho se cadra é … Seguir lendo Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Galiza e o paradoxo de Podemos

Non hai moitos días, El País, un medio de comunicación de tirada estatal, pero con edición galega -pero non en galego-, presentaba aos candidatos e candidatas á secretaría xeral de Podemos de Galiza. Entre as cousas que dicían, algún mesmo se atrevía a considerar Galiza como unha nación. Digo que se atrevía, -e digo ben-, … Seguir lendo Galiza e o paradoxo de Podemos

Contra a imaxe da derrota e a submisión

Onte pola tarde recibín por WhatsApp a imaxe que encabeza esta entrada. Evidentemente Alexis Tsipras non pronunciou estas palabras. Mais esta imaxe reflicte a visión que ten boa parte dos galegos e galegas que asumen que Galiza non é que de valerse por si mesma, de que non temos capacidade de reaxir e de mudar … Seguir lendo Contra a imaxe da derrota e a submisión

Deturpedia, cambiando a realidade do noso país

“La Vega”, “Chandreja de Queija”, “Ginzo de Limia”, “Lobera”, “Villa de Cruces”, “Arteijo”, “Rianjo”, “Villagarcía de Arosa”, ... e xa non sigo porque me poño malo. Estes topónimos -por chamarlle algo- podes atopalos na edición española da Wikipedia, que como sabedes é unha web na que non hai un empresa ou entidade responsábel do seu … Seguir lendo Deturpedia, cambiando a realidade do noso país

Beiras perde o norte definitivamente

Cayo Lara e Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova e de AGE, xa non é que diga que Galiza non pode valerse por si mesma, que ten que apoiarse en España para conseguir os seus obxectivos, senón que agora xa non quere que Galiza celebre eleccións en 2016, negándolle toda capacidade de renovar os seus instrumentos políticos, por … Seguir lendo Beiras perde o norte definitivamente

O mapa político de Galiza soñado por Santiago Rey

As enquisas son como a plastilina, a partir dunha masa informe de datos, pode sacarse case calquera cousa. O domingo pasado La Voz de Galicia sacaba unha destas enquisas onde reflectía un mapa político caracterizado por máis españolismo e menos nacionalismo na cámara galega. Na enquisa do xornal de Arteixo, Podemos irrompe no Parlamento Galego, … Seguir lendo O mapa político de Galiza soñado por Santiago Rey

Catalunya dá un paso adiante, Galiza un paso cara atrás

A sacro-santa Constitución Española determina que hai tres nacionalidades históricas, Galiza, Catalunya e Euskal Herría, que en teoría teñen un status diferente a respecto das outras comunicades autónomas. Esa é a teoría, na práctica, esta pequen a listaxe redúcese ás dúas últimas, que si teñen e manifestaron a vontade de ser diferentes. No caso de … Seguir lendo Catalunya dá un paso adiante, Galiza un paso cara atrás