Cabreiroá: ignorantes e malintencionados

Cabreiroá, a empresa galega de augas minerais, sacou unha botella de auga edición limitada coa imaxe de Rosalía de Castro. En principio, e deixando á marxe o prezo, todo ben. Mais, pregúntome eu, cal é a razón de que Cabreiroá escolla uns versos en castelán, tendo como ten Rosalía versos fermosos e abondosos en galego? … Seguir lendo Cabreiroá: ignorantes e malintencionados

Radicalmente ético

Na política ponme enfermo escoitar declaracións de principios que logo na práctica non se cumpren. Son as novas formas de facer política. Dicir unha cousa e facer a contraria está de moda. Mariano Rajoy por exemplo, dixo que non ía subir os impostos e subiunos, entre outras cousas, e Rubalcaba propón cousas agora que cando … Seguir lendo Radicalmente ético

Incoherencias de Beiras, Anova e Izquierda Unida

“Galiza é o noso marco de acción porque cremos na capacidade e necesidade de autoorganización política;” da sección Quen somos? da web de ANOVA Irmandade Nacionalista, organización creado por Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega.Se Galiza é capaz de organizarse -que o é- por que ANOVA se apoia en Izquierda Unida para concorrer ás eleccións?"Se … Seguir lendo Incoherencias de Beiras, Anova e Izquierda Unida

Beiras e o truco

Beiras: Estou farto de que me ganedes sempre ao truco, seguro que facedes trampas!Compañeiro1: Non facemos trampas, deixámosche ganar ao principio para que aprenderas a xogar, pero xa estamos fartos.Compañeiro2: Foder Beiras, levamos máis de vintecinco anos xogando, non pode ser que a estas alturas aínda non coñezas as cartas...!Beiras: Si que facedes trampas, tedes … Seguir lendo Beiras e o truco

Raposos ao coidado das galiñas

De “desván de los monjes” á “costa de la muerte”, pasando polo tradución feita por Feijóo desde a tribuna do Parlamento Galego dun fragmento do “Alba de Groria” de Castelao. Este é o legado que nos está a deixar o goberno galego do PP, que ten entre as súas obrigas defender o noso idioma e … Seguir lendo Raposos ao coidado das galiñas

Nin ética nin estética

Martiño Noriega, recentemente escindido do BNG, di que non é “ético nin estético” deixar o cargo de concelleiro e de alcalde, tal e como lle pide a organización nacionalista. É discutíbel, pero é legal que o cargo pertence á persoa que toma posesión, pero non é menos certo que estas persoas conformaban unha candidatura dunhas … Seguir lendo Nin ética nin estética

Adoutrinamento en contra do galego

Este é un pequeno fragmento do programa de PopularTV, La Bitácora de Magdalena del Amo, onde se acusa, utilizando mentiras e todo tipo de terxiversacións, aos equipos de normalización lingüística, e en concreto ao CorreLingua, de adoutrinar no terrorismo aos rapaces e rapazas galegos.Evidentemente tamaña barbaridade non te pés nin cabeza, pero o que fan … Seguir lendo Adoutrinamento en contra do galego