Entendendo a guerra de Siria

Non hai guerra que non responda a motivacións económicas. E a de Siria é unha máis de tantas. Que un país teña recursos enerxéticos é unha bendición da natureza, que lle permite ser autosufienciente e xerar riqueza para o benestar do pobo. Estar no medio, non só xeograficamente, senón no centro dos intereses económicos e … Seguir lendo Entendendo a guerra de Siria

Trump: un novato imprudente que cae na trampa do Estado Islámico

En La Voz de Galicia de hoxe sae un artigo de opinión bastante interesante, que bota luz sobre as consecuencias do bombardeo de Estados Unidos sobre territorio Sirio. Segundo este artigo hai serias dúbidas de que fora o goberno de Siria o que utilizara armas químicas contra o seu propio pobo. De feito, Al-Assad vai … Seguir lendo Trump: un novato imprudente que cae na trampa do Estado Islámico

Os ianquis tamén se equivocan

As películas de Hollywood sempre foron o escaparate do Imperio, reflectindo unha realidade perfecta e idealizada, non só da sociedade, senón tamén do seu poder, político e militar. Ese poder vendéronnolo como implacábel e duro, pero tamén xusto, a pesar dos abondosos exemplos criminais que todos e todas temos en mente. E dentro desa imaxe … Seguir lendo Os ianquis tamén se equivocan

O que non che contan sobre a política migratoria de Trump

Nos últimos días anda todo o mundo falando da orde executiva de Donald Trump que prohibía a entrada en Estados Unidos de persoas de Irak, Siria, Irán, Sudán, Libia, Somalia e Yemén. O que non din os medios de comunicación masivos é que unha orde executiva semellante xa leva en vigor desde 2015 e actualizada … Seguir lendo O que non che contan sobre a política migratoria de Trump

O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Non hai moitos días mirei por casualidade esta reportaxe no informativo da TVE1. Trátase dun concurso musical para adolescentes e xente moza en idade escolar, segundo a canle pública, era unha alternativa ao botellón. O que me chamou a atención non era a intención da proposta, ao contrario, nada que dicir ao respecto, senón o … Seguir lendo O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

VolkswagenGate: acción, reacción

A ver, cantos dos que comprastes coche no último ano mirastes o índice de emisións contaminantes antes de decidirvos por un ou outro modelo? Se exceptuamos as persoas que se decidiron por un coche eléctrico ou híbrido, o resto seguro que esa foi a última das súas preocupacións. O consumo, a cor, o equipamento, os … Seguir lendo VolkswagenGate: acción, reacción

Pero non quedaramos que a liberdade de expresión era sagrada?

Pois vai ser que esa liberdade non é para todos. Que llo pregunten ao humorista francés Dieudonné, que onte pasou a disposición xudicial logo de colgar en Facebook unha mensaxe na que afirmaba que se sentía como Charlie Coulibaly, un dos terroristas que sementou o pánico e a morte a pasada semana en París. Parece … Seguir lendo Pero non quedaramos que a liberdade de expresión era sagrada?

Vídeos falsos para manipularnos a todos e todas

Hai uns días un pequeno vídeo de pouco máis dun minuto de duración percorreu todas as televisións e todas as redes sociais. Nel, un neno de oito ou dez anos salvaba a súa irmá no medio dun intenso tiroteo no seu país natal, Siria, en guerra desde hai varios anos. Os medios occidentais aproveitaron o … Seguir lendo Vídeos falsos para manipularnos a todos e todas

A estratexia perfecta do Imperio en Siria

Por moitas razóns o Imperio quere desfacerse del Bachar al-Assad, o presidente de Siria. É parte da súa estratexia para Oriente Medio. Para iso Estados Unidos e os seus principais aliados, en especial o Reino Unido, armaron, instruíron e enviaron mercenarios para crear da nada os “rebeldes” sirios, levando o terror a este país. O … Seguir lendo A estratexia perfecta do Imperio en Siria

Estados Unidos dálle unha patada a Rusia no cu da Unión Europea

A Unión Europea apoiou con entusiasmo as sancións a Rusia patrocinadas por Estados Unidos por supostamente apoiar os movementos e as milicias separatistas de Ucraína. Mais lonxe de axeonllarse perante o Imperio, o goberno de Vladimir Putin responde golpeando onde máis lle doe á Unión Europea: as exportacións agrícolas. Agora, non os altos comisionados da … Seguir lendo Estados Unidos dálle unha patada a Rusia no cu da Unión Europea