Papa Francisco, unha elección casual?

A igrexa non dá puntada sen fío e neste sentido para min non é casual a elección do papa Francisco, que se nos presenta como a antítese do Bieito XVI. O papa arxentino, non só é máis próximo que Ratzinguer, mesmo rompendo o protocolopara achegarse á xente, non só é máis mediático que o anterior, … Seguir lendo Papa Francisco, unha elección casual?

A particular “revolución” dos mercados

O que non conseguiu poboación, estano a conseguir os mercados. Berlusconi ten as horas contadas como primeiro ministro italiano, logo das fortes presións políticas, mediáticas, e, por suposto, económicas, que o poder financeiro está a acometer sobre “il cavaliere”.Que ninguén se leve a engano, non estou defendendo a Berlusconi. Pero con el son xa dous … Seguir lendo A particular “revolución” dos mercados

As revolucións árabes: un paso atrás?

A nova constitución Libia define este estado como islámico, e ten como fonte de lei a Sharia. Antes era un estado laico.Túnez, o primeiro dos países árabes en levar a cabo a súa revolución árabe, vai polo mesmo camiño. Sendo como era un país laico, tiña prohibido o uso do hiyab en edificios públicos, e … Seguir lendo As revolucións árabes: un paso atrás?

Libia, unha guerra sen mortos nin destrución

É curioso, pero despois de varios meses de guerra da OTAN en Libia, que bombardea ese país sen piedade para conseguir botar do poder a Gadafi, a este lado do Estreito semella unha guerra na que non hai mortos, nin feridos, nin sequera a conseguinte destrución que acompaña aos bombardeos que leva aparellado esta guerra … Seguir lendo Libia, unha guerra sen mortos nin destrución

Bandeiras, estrelas e logotipos

O mundo está cambiando, para peor. Non hai moitos anos símbolos como unha bandeira vermella, unha estrela vermella, ou simplemente a imaxe do Ché eran sinónimos de revolución, de loita, de loita colectiva, de pobos, de organizacións políticas e sindicais, que as erixían orgullosos como símbolos revolucionarios, que convidaban a pensar nun mundo mellor, máis … Seguir lendo Bandeiras, estrelas e logotipos

Oportuno, bo e clarificador comentario de Guillerme Vázquez

"En Libia,intervención militar para defender o pobo.En Barhein,intervenciòn militar para defender o Rei.Israel poderá,como sempre,machacar militarmente ao pobo palestino,Marrocos ao pobo sahariano....do dictador Mubarak nada volvemos saber. Emociona saber que a "comunidade internacional",garante a democracia,defende aos pobos,como en Irak,como en Afganistán....."Na súa páxina en Facebook

A soberbia dunha xornalista

É unha ousadía ir a un país estranxeiro a facer unha entrevista, e no canto diso, dar leccións de democracia e liberdade cando no seu propio país hai partidos políticos ilegalizados, xornais pechados por decisións políticas, hai sospeitas fundadas de torturas da policía, etc, iso sen mencionar que hai uns días o Tribunal Europeo de … Seguir lendo A soberbia dunha xornalista

Xapón, en can fraco todo son pulgas

E van dúas explosións na central nuclear de Fukushima, as dúas verdadeiramente impactantes, pero as autoridades xaponesas din que os reactores non resultaron danados, o que, vendo as imaxes, resulta difícil de crer.En can fraco todo son pulgas. Para as próximas horas prevese outro sismo importante, mais a embaixada española en Tokyo non evacúa aos … Seguir lendo Xapón, en can fraco todo son pulgas

As desgrazas non veñen soas

Logo de soportar un sismo de 8,9 graos, e un tsunami con ondas de 10 metros, Xapón, e os países limítrofes, poden verse afectados polos efectos da radiación tras a explosión de parte dunha central nuclear en Fukushima, a 240 quilómetros de Tokyo, onde viven máis de 10 millóns de persoas.Nos medios de comunicación falan … Seguir lendo As desgrazas non veñen soas