PP e PSOE ensaian o “gran pacto”

Cada día está máis claro que PP e PSOE acabarán pactando un goberno após as eleccións Xerais de fin de ano. Todos os indicios apuntan nesa dirección malia aos cacarexos de Pedro Sánchez anunciando o contrario do que asina e do que afirma. De feito, o máis probábel é que o actual secretario xeral do … Seguir lendo PP e PSOE ensaian o “gran pacto”

IU apupada polos seus propios inventos

Izquierda Unida xa leva tempo apostando polas candidaturas unitarias, polas candidaturas cidadáns, nas que se dilúe como sen o máis mínimo pudor. No Estado estas candidaturas chámanse “Gañemos” tal ou cal cidade, na Galiza son “mareas”. O conto é o mesmo, IU aposta por ocultar as súas siglas dentro dun conglomerado de colectivos sociais e … Seguir lendo IU apupada polos seus propios inventos

A esquerda española tamén anda rabiosa con Catalunya

Xa sabiamos que a dereita española anda rabiosa co que eles chaman o desafío catalán, pero non son os únicos. Francisco Frutos, ex-portavoz de Izquierda Unida no Congreso e ex-secretario xeral do PCE, demostra que, a respecto de Catalunya, das nacións sen estado do Estado español, e mesmo da democracia, tanto ten Rajoy ou Jiménez … Seguir lendo A esquerda española tamén anda rabiosa con Catalunya

A miña particular análise electoral

Non é doado facer unha análise electoral obxectiva logo de estar implicado na campaña do BNG durante os últimos 15 días, mais aí vai... BNG: non poden co Bloque O BNG preséntase a unhas eleccións sen medios económicos, só coas aportacións da súa militancia, e sen recorrer a créditos bancarios e sen mailing. Sofre censura … Seguir lendo A miña particular análise electoral

Rebelión na arca de Noé

Non sei se sabiades, pero “O Beiriñas”, o boneco que utilizou AGE durante a campaña electoral e que garda unha asombroso parecido con Beiras, é en realidade Noé, o personaxe bíblico que construíu unha arca para salvar a humanidade do diluvio universal, e que se vende en Alcampo por 26,98 €. Ao igual que Noé, … Seguir lendo Rebelión na arca de Noé

Máis dimisións en Anova

Onte dimitiu Martiño Noriega das súas resposabilidades de coordinador de Anova, e hoxe catro militantes máis desta formación política liderada por Beiras tamén dimiten, pero da súa comisión permanente: Antón Dobao, Xiana López, Xurxo Martínez e Mar Blanco. A situación interna de Anona xa roza a explosión nuclear e o liderado de Beiras toca a … Seguir lendo Máis dimisións en Anova

Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

O affaire do escano de Davida Fernández Calviño tiña difícil solución tal e como se sucederon as cousas desde un principio, mais coido que xa rozan o esperpento e terá consecuencias políticas inevitábeis para coalición electoral AGE. Era dificil xustificar que Carme Iglesias, a segunda da lista por Ourense, pasara ao grupo mixto, xa que … Seguir lendo Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

O avogado de Esquerda Unida “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do xuízo” do Prestige

xuízo mediático

Esquerda Unida ou Izquierda Unida, -non sei, mais tanto ten-, era parte no xuízo do Prestige, no que presentou unha serie de cargos contra o capitán, Apostolos Mangouras, e contra contra José Luís López Sors. Malia todo, e segundo reflicte a propia sentenza (páxina 81) “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do … Seguir lendo O avogado de Esquerda Unida “non se dignou a comparecer en ningunha das sesións do xuízo” do Prestige

Esquerda Unida é tan autónoma de Madrid como o PSdeG ou PPdeG

Malia os coqueteos de Esquerda Unida co dereito de autodeterminación, que logo se traduce no Congreso nun si, pero non aquí. Malia o empeño de Yolanda Díaz en demostrar que eles, Esquerda Unida, son un partido autónomo, que nada ten a ver cos da rúa Olimpo de Madrid, a realidade é teimuda como a pingueira … Seguir lendo Esquerda Unida é tan autónoma de Madrid como o PSdeG ou PPdeG

IU: autodeterminación si, pero non en España

Autodeterminación

Amaiur, BNG e Esquerra defenderon o pasado martes unha proposición de lei sobre o dereito de autodeterminación dos pobos. A iniciativa regularía este dereito fundamental recoñecido por diversos tratados e convenios asinados polo Estado Español. Era de agardar que PP, PSOE e UpyD votaran en contra, e así foi, mais o inesperado é que IU … Seguir lendo IU: autodeterminación si, pero non en España