O pacto Podemos-IU só beneficia a PP e a Pablo Iglesias

O pacto entre Podemos e IU que con tanto alborozo celebraron onte ambas as dúas formacións políticas só ten dous claros beneficiados: o PP e Pablo Iglesias. Os de Mariano Rajoy teñen agora a bicha coa que amedrentar as súas bases, alertando da catástrofe bíblica que se verterá sobre todos nós se a coalición de … Seguir lendo O pacto Podemos-IU só beneficia a PP e a Pablo Iglesias

A guerra de medios na política española

O pasado xoves, o socialista Francisco Cuenca foi elixido novo alcalde de Granada cos votos favorábeis de Podemos, Izquierda Unida e Ciudadanos, en substitución do anterior do Partido Popular, imputado por presuntas corruptelas urbanísticas. Nesta ocasión os catro partidos uniron os seus votos para apartar o PP do goberno municipal desta cidade andaluza, o que … Seguir lendo A guerra de medios na política española

Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Por se alguén tiña algunha dúbida, o Community Manager de Anova encargouse de despexar a incógnita. A organización liderada por Beiras e Martiño Noriega non participará nunha candidatura unitaria do nacionalismo galego nas vindeiras eleccións xerais, unha candidatura de país e sen ataduras a Madrid, co centro de decisión en Galiza. @alvinzinho se cadra é … Seguir lendo Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Anova e IU da Estrada a partir un piñón con Cáritas

Podería ser unha brincadeira aproveitando o día 1 de abril, pero non, a noticia xa é o do sábado pasado, así coido que a cousa é vai a serio. O asunto é que Móvete, candidatura integrada por militantes de Anova e Izquierda Unida da Estrada están cunha campaña de recollida de alimentos. A cuestión é … Seguir lendo Anova e IU da Estrada a partir un piñón con Cáritas

O timo das primarias e do voto por internet

>As primarias están de moda. O partido político que non teña primarias para elixir os seus candidatos é un anticuado, practica a vella política. O "molón" é ter primarias, e se non che gusta o resultado sempre podes facer outra votación con outras normas distintas até que saia o que ti queiras. Así é a … Seguir lendo O timo das primarias e do voto por internet

IU apupada polos seus propios inventos

Izquierda Unida xa leva tempo apostando polas candidaturas unitarias, polas candidaturas cidadáns, nas que se dilúe como sen o máis mínimo pudor. No Estado estas candidaturas chámanse “Gañemos” tal ou cal cidade, na Galiza son “mareas”. O conto é o mesmo, IU aposta por ocultar as súas siglas dentro dun conglomerado de colectivos sociais e … Seguir lendo IU apupada polos seus propios inventos

A esquerda española tamén anda rabiosa con Catalunya

Xa sabiamos que a dereita española anda rabiosa co que eles chaman o desafío catalán, pero non son os únicos. Francisco Frutos, ex-portavoz de Izquierda Unida no Congreso e ex-secretario xeral do PCE, demostra que, a respecto de Catalunya, das nacións sen estado do Estado español, e mesmo da democracia, tanto ten Rajoy ou Jiménez … Seguir lendo A esquerda española tamén anda rabiosa con Catalunya

Coa marea sube o PP

O sábado 20 de outubro de 2012, xornada de reflexión das eleccións galegas, os medios de comunicación daban conta da porra de Mariano Rajoy para as eleccións do día seguinte. O presidente do goberno afirmaba, cunha seguridade poucas veces vista, que o PP sacaría 41 deputados e os demais o resto. A contundencia do seu … Seguir lendo Coa marea sube o PP

A labrega Lidia Senra cobrou do Sindicato Labrego até marzo de 2014

Segundo se desprende da declaración de bens que presentou Lidia Senra no Parlamento Europeo, a deputada de AGE-Izquierda Unida tivo unha nómina do Sindicato Labrego Galego durante os últimos tres anos, até marzo de 2014. En 2012 cobrou entre 1.001 e 5.000 euros brutos mensuais. En 2013 entre 500 e 1.000. E até marzo de … Seguir lendo A labrega Lidia Senra cobrou do Sindicato Labrego até marzo de 2014

Anova é a imaxe da ambiguidade

A imaxe que acompaña esta entrada no blog está pendurada no Twitter de Martiño Noriega, o segundo mandamáis de Anova. Logo da espantada de onte de Izquierda Unida e Anova, co que se malograba a oportunidade de confluír nunha soa manifestación a prol dunha república galega e prol do dereito a decidir dos pobos co … Seguir lendo Anova é a imaxe da ambiguidade