En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

Das catro forzas políticas con representación no Parlamento Galego, dúas delas utilizaron o español nas as alegacións á auditoría das contas das pasadas eleccións Galegas que dirixiron ao Consello de Contas. Un dos partidos é o PP (páxina 83), nada novo baixo o sol. A outra organización que utilizou a lingua de Cervantes é En … Seguir lendo En Marea é igual co PP, ten un problema co galego

O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Non hai moitos días mirei por casualidade esta reportaxe no informativo da TVE1. Trátase dun concurso musical para adolescentes e xente moza en idade escolar, segundo a canle pública, era unha alternativa ao botellón. O que me chamou a atención non era a intención da proposta, ao contrario, nada que dicir ao respecto, senón o … Seguir lendo O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

O programa “Anda ya!” dos “Cuarenta principales” emitiu hoxe un anuncio da empresa Vivus ofensivo con todos os galegos e galegas. Esta empresa que se adica aos micropréstamos rápidos, ten un anuncio no grupo de emisoras da Cadena Ser, onde un Lémur, un mono de Madagascar con “acento gallego”, recomenda Vivus para conseguir un destes … Seguir lendo Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

As 10 entradas máis vistas de 2014

Aínda que xa van seis días de 2015 non é tarde para facer un repaso das 10 entradas que máis visitas tiveron ao longo de todo o 2014. Estas son: A imaxe de Jimmy que os medios non che ensinaron Almodovar e o analfabeto “gallego” Podemos ten un problema co galego Así cociñan Esquerda Unida … Seguir lendo As 10 entradas máis vistas de 2014

O galego e o prezo dos repolos

Recordo, hai xa uns anos, nunhas das múltiples manifestacións ás que acudín en defensa da lingua galega, achégaseme unha mulleríña, xa maior, moi de Santiago de Compostela, e preguntoume para que era a manifestación. Obviamente díxenlle que para defender o idioma galego. Ela respondeume que o que tiñamos era que protestar polo elevado prezo dos … Seguir lendo O galego e o prezo dos repolos

Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

Con 78 anos cumpridos o normal é ter achaques e algunha que outra doenza. E Beiras non é ningunha excepción. E por iso aproveitou o verán para pasar polo taller. Ao igual que Juan Carlos de Borbón, que tamén pasa a miúdo polo “taller”, -o taller da sanidade privada máis próxima, enténdase-, Beiras someteuse hai … Seguir lendo Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

Podemos ten un problema co galego

A imaxe que acompaña esta entrada é real. Atopeina no Facebook de Frai Rei García, un activista da lingua galega. Se o cartaz fora para anunciar a reunión noutra localidade ao mellor non me chamaba tanto a atención, pero utilizar o castelán para convocar unha reunión de Podemos en Allariz é unha soberana torpeza. Por … Seguir lendo Podemos ten un problema co galego

A CRTVG escribe en castelán

O Twitter da CRTVG escribiu, non un, senón tres chíos en castelán, nos que daba conta dos premios da lotaría "del niño". Premio especial del sorteo del Niño con 40 millons de euros ao décimo para a fracción 5 da serie 21 do 76254— CRTVG (@crtvg) January 6, 2014 //platform.twitter.com/widgets.js Sorteo extraordinario del Niño: tercer … Seguir lendo A CRTVG escribe en castelán

O galego marca a diferencia

Teño un amigo que como moitas outras persoas mozas e non tan mozas tivo que emigrar ao estranxeiro para atopar traballo. Escolleu Francia. Malia os coñecementos previos de francés, ampliounos cunha estancia de dous meses nese país, tempo que aproveitou para enviar currículums a varias ofertas de traballo. Durante ese período foi a máis entrevistas … Seguir lendo O galego marca a diferencia

Feijóo e Alonso Montero, dúas caras da mesma moeda

Se xa é bastante desgracia ter un presidente da Xunta como Feijóo, que é un auténtico galeguicida, o que xa é de traca é ter un presidente da Real Academia Galega que presume publicamente de non falar o galego habitualmente, como como sería o normal nunha persoa que pertence a tan alta institución, que debería … Seguir lendo Feijóo e Alonso Montero, dúas caras da mesma moeda