O goberno de Santiago de Compostela segue a ser o goberno dos amigos

Compostela Aberta defendía no seu programa de goberno (páxina 68 e 69) a xestión pública fronte á privada, por ser máis barata, e comprometíase a facer unha xestión transparente da toma de decisións como os gastos e os investimentos. Esta é a teoría, a práctica como vamos a ver, é moi diferente do anunciado. Así … Seguir lendo O goberno de Santiago de Compostela segue a ser o goberno dos amigos

A carreira tola dos políticos “low cost”

Despois das eleccións municipais e autonómicas estamos a ver na política estatal unha carreira contrarreloxio para ver quen cobra menos ao asumir cargos públicos, en especial, entre as organizacións que están á esquerda. Organizacións como Podemos, as Mareas ou as candidaturas de unidade popular, converteron o feito de cobrar por desempeñar un cargo, en pouco … Seguir lendo A carreira tola dos políticos “low cost”

Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Por se alguén tiña algunha dúbida, o Community Manager de Anova encargouse de despexar a incógnita. A organización liderada por Beiras e Martiño Noriega non participará nunha candidatura unitaria do nacionalismo galego nas vindeiras eleccións xerais, unha candidatura de país e sen ataduras a Madrid, co centro de decisión en Galiza. @alvinzinho se cadra é … Seguir lendo Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

O tempo do “ninismo” político

Nin de esquerdas nin de dereitas, nin españolistas nin nacionalistas. Así é como se definen as forzas políticas emerxentes e os movementos cidadáns de confluencia. Despréndense de todo tipo de bagaxe ideolóxico, así como dos símbolos tradicionalmente asociados a determinadas ideoloxías, especialmente de esquerda. O bagaxe ideolóxico substitúeno por un “o que diga a xente” … Seguir lendo O tempo do “ninismo” político

Leccións de Toni Cantó a Martiño Noriega

Toni Cantó, ex-deputado de UPyD, non é santo da miña devoción – que quede claro-, mais o xesto político do actor valenciano non só lle honra, senón que debería ser o modelo a seguir por moitos outros que se presentan como rupturistas e representantes da nova cultura política. Desconforme coa liña política de UPyD, e … Seguir lendo Leccións de Toni Cantó a Martiño Noriega

Por que non dimite Martiño Noriega?

Logo de coñecerse oficialmente que Martiño Noriega, actual alcalde de Teo, será candidato no concello veciño de Santiago de Compostela son moitas as persoas que se preguntan por que non dimite do seu cargo, como fixeron outras persoas que tiveron responsabilidades de goberno. Obvia dicir, que non hai ningún impedimento legal para que unha persoa … Seguir lendo Por que non dimite Martiño Noriega?

Martiño Noriega e as contas da leiteira

Hai pouco máis dun ano, o actual alcalde de Teo, Martiño Noriega, afirmou nun medio de comunicación que non tiña interese “en concellos viciños”. Saía así ao paso e desmentía o ruxe-ruxe que o situaban como candidato a alcaldía de Santiago de Compostela. Porén, un ano máis tarde xa non desminte ese ruxe-ruxe, senón que … Seguir lendo Martiño Noriega e as contas da leiteira

Pero onde están as diferenzas entre Anova e Cerna?

Para explicar a escisión de Anova, efectivizada hoxe luns, habería que remontarse a febreiro deste mesmo ano, cando Beiras, portavoz da formación, inclinou a balanza cara Izquierda Unida como aliado para as eleccións Europeas deste mesmo ano. En realidade a outra opción, a de “que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista … Seguir lendo Pero onde están as diferenzas entre Anova e Cerna?

Pero quen goberna o concello de Teo?

A imaxe que vedes ao lado é a contracapa do boletín que Anova de Teo enviou ás casas do concello. Supoño que saberedes que o alcalde deste concello limítrofe coa capital de Galiza é Martiño Noriega, coordinador de Anova, que goberna por maioría (non absoluta) logo de abandonar o BNG en 2012. Mais, se ollamos … Seguir lendo Pero quen goberna o concello de Teo?

Anova xa non vende

Deixando á marxe as desoladoras imaxes do plenario da II asemblea de Anova, e analizando a repercusión que tivo este evento nas redes sociais, concluímos que Anova a estas alturas non vende un can. A asemblea que se desenvolveu durante a pasada fin de semana só lle proporcionou a Anova 227 mencións na rede social … Seguir lendo Anova xa non vende