Enquisas: canto máis sube Podemos, máis sube o PP

Non sei se vos fixastes, hoxe mesmo sae outra enquisa, desta volta de El Diario, no que se aprecia que sube Podemos, pero tamén sube o PP. Está claro que se auto-alimentan, que Rajoy necesita a Pablo Iglesias para ganar as eleccións, que a estratexia dos populares pasa por meter o medo no corpo ao … Seguir lendo Enquisas: canto máis sube Podemos, máis sube o PP

O pacto Podemos-IU só beneficia a PP e a Pablo Iglesias

O pacto entre Podemos e IU que con tanto alborozo celebraron onte ambas as dúas formacións políticas só ten dous claros beneficiados: o PP e Pablo Iglesias. Os de Mariano Rajoy teñen agora a bicha coa que amedrentar as súas bases, alertando da catástrofe bíblica que se verterá sobre todos nós se a coalición de … Seguir lendo O pacto Podemos-IU só beneficia a PP e a Pablo Iglesias

En Marea minte (unha vez máis)

Segundo os últimos anuncios de Yolanda Díaz e Podemos, e moi a pesar de Anova, En Marea repetirá a mesma fórmula de concorrencia electoral que empregou o 20D, isto é, a coalición de partidos (Anova, Podemos e Esquerda Unida), o que lle pechará as portas -outra vez- á posibilidade de conformar grupo parlamentar propio. A … Seguir lendo En Marea minte (unha vez máis)

Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

Hoxe cando se constitúa a Comisión Deputación Permanente do Congreso, non será Alexandra Fernández, portavoz de En Marea no Congreso, a que, por lóxica, forme parte deste órgano, senón Yolanda Díaz, número dous pola Coruña. Así, o que xa se intuía o pasado mes marzo, hoxe xa é unha evidencia. Pablo Iglesias non só pasa … Seguir lendo Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

Excusatio non petita, accusatio manifesta

Beiras anunciou hoxe que En Marea-Podemos, -perdón, Anova, iso foi o que dixo- non estaría na mesa de negociacións entre PSOE, Ciudadanos e Podemos, porque pensa que só se pretende que a formación morada asuma o pacto que teñen os de Sánchez e Ribera. Pode ser que sexa así, mais semella ser unha escusa de … Seguir lendo Excusatio non petita, accusatio manifesta

Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

Podemos é unha organización moi dada á escenificación mediática -chamádelle teatro se queredes-, cousa que xa demostrou en reiteradas ocasións e onte volveu a demostralo. O bico entre Pablo Iglesias e Francesc Domenech pode ser sincero, mais, como demostrarei a continuación, foi froito, unha vez máis, da planificación e a escenificación que tan ben se … Seguir lendo Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

En Marea: seis ceros á esquerda

As matemáticas non fallan, se situamos seis ceros á esquerda dunha cifra o resultado é o mesmo que se non os xuntaras, a cifra en cuestión non aumenta de valor nin ten maior valor engadido. Iso é o que lle ocorre ás deputadas e deputados de En Marea en Madrid. Dicían o día 21 de … Seguir lendo En Marea: seis ceros á esquerda

A torpeza política de Pablo Iglesias

Todo o mundo ten a Pablo Iglesias como unha persoa moi lida e moi lista, mais onte demostrou a torpeza política dun afeccionado con escano nas Cortes. O líder de Podemos vive obsesionado con sobrepasar ao PSOE e dentro desa estratexia de acurralar a un partido que ten 136 anos, non contempla que no taboleiro … Seguir lendo A torpeza política de Pablo Iglesias

Mariano Rajoy pásalle a pataca quente aos demais

Mariano Rajoy está moi ben asesorado, e non son eu aínda que escribía isto ás tres da tarde de hoxe venres 22 de xaneiro. Eu se fora Rajoy renunciaría a formar goberno pasándolle a pataca quente a PSOE e Podemos. No caso de fracasar presentaríase como o salvador — Imeneo (@cousasdeimeneo) January 22, 2016 //platform.twitter.com/widgets.js … Seguir lendo Mariano Rajoy pásalle a pataca quente aos demais

Pero cantos deputad@s ten Podemos?

A ver, cantos deputados ten Podemos no Congreso? Esa é a pregunta do millón que Pablo Iglesias non quere contestar, que, de facelo, aclararía definitivamente o lío que hai montado co grupo parlamentar de En Marea e o resto de coalicións coas que Podemos concorreu ás eleccións do 20 de decembro en Galiza, Valencia e … Seguir lendo Pero cantos deputad@s ten Podemos?