O novo caradura da política

Hai uns anos a palabra de moda na política era o “virachaquetas”. Esta persoa caracterizábase por presentarse ás eleccións nunhas listas e unha vez chegado ao cargo cambiaba de partido para o seu estrito e inconfesábel beneficio persoal. A estas persoas tamén se lle chamaban tránsfugas e baixo o seu paraugas xestáronse innumerábeis cambios de … Seguir lendo O novo caradura da política

A carreira tola dos políticos “low cost”

Despois das eleccións municipais e autonómicas estamos a ver na política estatal unha carreira contrarreloxio para ver quen cobra menos ao asumir cargos públicos, en especial, entre as organizacións que están á esquerda. Organizacións como Podemos, as Mareas ou as candidaturas de unidade popular, converteron o feito de cobrar por desempeñar un cargo, en pouco … Seguir lendo A carreira tola dos políticos “low cost”

É tempo de recambio

A nivel político vivimos tempos de recambio, que non de cambio nas institucións. Son tempos nos que determinadas forzas políticas emerxentes, que aspiran a substituír ás que están, surfean na marea de indignación social e de crise económica cun discurso esperanzador, pero moi difuso e pouco concreto nas propostas políticas. Vivimos tempo de oportunismo e … Seguir lendo É tempo de recambio

Overbooking no centro político

Aos habituais inquilinos do centro político do Estado español, PP e PSOE, únense agora Podemos e máis recentemente Ciudadanos. Todos queren estar no centro, porque é aí onde se acumula o maior caladoiro de votos. No caso dos aspirantes até se fai ostentación da súa intención de “ocupar a centralidade do taboleiro” político para desprenderse … Seguir lendo Overbooking no centro político

Beiras perde o norte definitivamente

Cayo Lara e Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova e de AGE, xa non é que diga que Galiza non pode valerse por si mesma, que ten que apoiarse en España para conseguir os seus obxectivos, senón que agora xa non quere que Galiza celebre eleccións en 2016, negándolle toda capacidade de renovar os seus instrumentos políticos, por … Seguir lendo Beiras perde o norte definitivamente

Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

O documento gráfico que podes ver a continuación correu onte como a pólvora polas redes sociais. Trátase dun correo electrónico dun representante de Anova Vigo enviado a un grupo de debate desta organización, no que explica os pasos a dar para controlar e organizar as Mareas, neste caso a desta cidade, sen que se note … Seguir lendo Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

Canto máis espectacular é o engano menos se ve

Seguramente vos acordaredes de David Copperfield, aquel mago que saía pola televisión e que facía todo tipo de trucos de maxia caracterizados pola súa espectacularidade. Tanto facía desaparecer a Estatua da Liberdade como levitar sobre Gran Cañón do Colorado. Daba igual como fixera os trucos, á xente iso non lle importaba, xa sabían que era … Seguir lendo Canto máis espectacular é o engano menos se ve

Nin de esquerdas nin de dereitas, é dicir, de dereitas

Todo o mundo sabe que o PP é dereitas e fai políticas de dereitas, mais eles defínense como de centro, buscan o centro político para así poder abrazar un maior número de electores. O PSOE outro tanto; todo o mundo di que é de esquerdas, pero como o PP tamén busca acubillo no centro político … Seguir lendo Nin de esquerdas nin de dereitas, é dicir, de dereitas

Cidadáns de primeira e cidadáns de segunda

Escoitando con detemento o vídeo da entrada de onte detecto certo sectarismo nas mareas e movementos sociais que conflúen para dar forma a unha organización política que concorra ás eleccións municipais de 2015. Afirman sen ruborizarse que eles, os cidadáns, inmaculados de todo tipo de sospeita, mesmo ideolóxica, preséntanse como os únicos lexitimados para dar … Seguir lendo Cidadáns de primeira e cidadáns de segunda

Recemos

Podemos organízase en círculos, disto xa falei. Hai de todo. Círculo Revolución, Círculo Feminismo, Círculos Policía, Círculo Fuerzas Armandas, ... e agora tamén teñen un Círculo Musulmán, que está a levantar bastante polémica na organización. Ter un círculo desta relixión ou de calquera outra é bastante contraditorio con, por exemplo, o seu programa electoral das … Seguir lendo Recemos