A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

O goberno de Mariano Rajoy merece ser desaloxado da Moncloa ipso facto. Non só polas políticas liberais que leva a cabo, senón pola corrupción sistémica do seu partido que enlama todo o que toca. Rajoy está deslexitimado para gobernar. Agora ben, Podemos, que acaba de anunciar a presentación dunha moción de censura a ese goberno, … Seguir lendo A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

O PP solta lastre e fai limpeza

Durante a particular semana de pasión do PP producíronse unhas declaracións de Rajoy, que no seu momento parecéronme raras, como descontextualizadas. O presidente do PP chamaba á "unidade" após as detencións e imputacións no marco da Operación Lenzo, que levou á cadea a Ignacio González, expresidente da comunidade madrileña e íntimo de Esperanza Aguirre. Hai … Seguir lendo O PP solta lastre e fai limpeza

O Estado español entrará en guerra contra o Estado Islámico polas boas ou polas malas

Cospedal e Rajoy

Nos últimos días non son poucos voceiros que chaman ao Estado español a entrar en guerra contra Estado Islámico acompañando a Francia e ao que se chama coalición internacional. Como membro da OTAN e formando parte da Unión Europea, o Estado español está obrigado e brindar axuda a un estado membro se este o pide, … Seguir lendo O Estado español entrará en guerra contra o Estado Islámico polas boas ou polas malas

O 20D decidimos se Galiza ten voz propia ou voltamos á procesión dos caladiños

A aparición do BNG nas Cortes do Estado español en 1996, hai case 20 anos, marcou un punto de inflexión na política galega. Desde aquela Galiza tiña voz propia no Congreso, xa non dependía das alternancias do bipartidismo nin dos intereses xerais do Estado que os problemas do pobo galego tivesen altofalantes en Madrid. Os … Seguir lendo O 20D decidimos se Galiza ten voz propia ou voltamos á procesión dos caladiños

O que está en perigo é a NOSA liberdade de expresión

Despois dos terríbeis asasinatos no semanario Charlie Hebdo todos os medios de comunicación e todas as xefaturas políticas de Occidente fixeron un canto á liberdade de expresión como algo sagrado en toda democracia que se precie. E é certo... Pero o que está realmente en perigo é a nosa liberdade de expresión, a liberdade de … Seguir lendo O que está en perigo é a NOSA liberdade de expresión

O galego e o prezo dos repolos

Recordo, hai xa uns anos, nunhas das múltiples manifestacións ás que acudín en defensa da lingua galega, achégaseme unha mulleríña, xa maior, moi de Santiago de Compostela, e preguntoume para que era a manifestación. Obviamente díxenlle que para defender o idioma galego. Ela respondeume que o que tiñamos era que protestar polo elevado prezo dos … Seguir lendo O galego e o prezo dos repolos

Un funeral de morte

O cachondeo de Obama

Poucas veces un funeral dunha persoa xuntou a tantos mandatarios mundiais e aunou tantos discursos laudatorios como o de onte a Mandela. Mais tamén coido que ningún outro xuntou tanto cinismo e hipocrisía nunha homenaxe que debía ser exclusivamente do pobo sudafricano, especialmente para os de raza negra, que tanta sangue derramou para que ao … Seguir lendo Un funeral de morte

A operación tesoira

tesoiras

Contan na “Cuesta de las Perdices” que o acordo a tres bandas -PP, PSOE e Zarzuela- está en marcha e xa ten nome: “Operación Tesoira”. Trátase de rebaixar até unha dimensión controlábel o tamaño de tres escándalos cada un dos cales, por si só, podería levar por diante un Réxime: o caso Bárcenas, o asunto … Seguir lendo A operación tesoira

Un golpe de estado mediático

Cospedal e Rajoy

Non só Rajoy, senón todo o goberno do Partido Popular tiña que dimitir inmediatamente. E non precisamente polo “Caso Bárcenas”, senón polo paro, que xa é endémico en todo Estado, especialmente entre as persoas máis novas; terían que dimitir polos recortes sociais e económicos que están empobrecendo e levando á miseria a miles de persoas; … Seguir lendo Un golpe de estado mediático

Os papeis de Bárcenas e El Mundo

Papeis de Bárcenas

Cando a cousa xa parecía esquecida, logo da publicación das fotocopias da contabilidade B de Bárcenas por parte de El País, o peor pesadelo para Rajoy volve coas calores deste verán que se anunciaba máis frío que de costume. Nada máis lonxe, nin o verán é frío nin o pesadelo do Presidente é iso, un … Seguir lendo Os papeis de Bárcenas e El Mundo