Ola ditadura

O Estado español nunca foi un estado democrático. Desde a morte do Ditador, Francisco Franco, dotouse dunhas estruturas para que nada mudara, para que todo seguise “atado y bien atado”. Así aguantou dese 1975 até hoxe 1 de outubro 2017, que caeu o manto democrático con que tapaba o seu verdadeiro rostro autoritario e antidemocrático,…… Seguir lendo Ola ditadura

Podemos e a estafa da promesa do referendo catalán

Dicía Adolfo Suárez que “podo prometer e prometo”. Pablo Iglesias tamén, e por iso promete a Catalunya a celebración dun referendo vinculante para que decida libremente o encaixe que quere con España. Mais Pablo Iglesias e a organización que dirixe saben perfectamente que no Estado español e coa legalidade constitucional vixente é imposíbel celebrar un…… Seguir lendo Podemos e a estafa da promesa do referendo catalán

Claves para entender o “Non” en Grecia

É doado facer análises logo de que pasan os acontecementos, o difícil e prognosticar a priori. Desde logo eu non daba un euro pola vitoria do “Non” tendo en conta as circunstancias nas que se celebraba, especialmente polo “corralito”. Como dixen, o doado é explicar un suceso a posteriori, así que vou animarme a dar…… Seguir lendo Claves para entender o “Non” en Grecia

As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Proposta da Troika: Proposta do goberno de SYRIZA: 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2022. 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2025. 2. Incrementar a contribución dos pensionistas para a atención médica (que será deducida… Seguir lendo As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Catalunya decidirá

Ollando a imaxe que ilustra esta entrada acórdome da histórica manifestación que inundou literalmente as rúas da capital de Galiza, mentres moi preto das nosas costas o Prestige inundaba de chapapote as nosas praias. Aquel 2 de decembro de 2002 Galiza berraba dignidade, hoxe Catalunya pide a berros que a deixen votar. Daquela Galiza tiña…… Seguir lendo Catalunya decidirá

Linchamento do movemento independentista catalán

Achégase o 9 de novembro, data na que o pobo catalán acudirá ás urnas para decidir se se independiza de España ou non, e os poderes fácticos do Estado atacan con toda virulencia este proceso democrático. O caso Pujol foi o primeiro e agora van a pola Assemblea Catalana, á que o ABC -xornal democrático…… Seguir lendo Linchamento do movemento independentista catalán