Son tempos de recambio

Un computador se leva moito tempo prendido acaba corrompéndose e ao final hai que reiniciar o sistema para devolvelo ao seu estado inicial. Algo así ocorre tamén co sistema capitalista e o sistema político que o defende, corrómpese, e necesita reiniciarse -como dixo non hai moito Carolina Bescansa- para que todo volva ao seu estado … Seguir lendo Son tempos de recambio

Grecia desaparece de escena

Consumada a traizón de Syriza ao pobo grego e atado o rescate que escravizará aos gregos e gregas durante moitos anos, xa pouco importa quen goberne, as dúas organizacións políticas con máis posibilidades de gobernar -a propia Syriza e Nova Democracia- non cambiarán nada no esencial. Un breve paso polo rupturismo meramente aparencial, agora toca … Seguir lendo Grecia desaparece de escena

O paradoxo e o drama grego

O certo é que me produce unha profunda tristura esta foto do ministro grego de finanzas, Euclides Tsakalotos. A foto é de onte pola noite de cando o parlamento grego debatía o acordo ao que chegou o goberno de Syriza coa Troika, que finalmente foi aprobado por ampla maioría, a pesar dos votos en contra … Seguir lendo O paradoxo e o drama grego

Tsipras pon a Grecia de xeonllos

Era visto. A reunión de onte en Bruxelas non podía traer nada bo para Grecia. Se o acordo que aprobou o parlamento grego o venres pasado de madrugada era malo, o resultado das negociación de Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, coa Troika é aínda peor. Grecia pasa a ser unha colonia da Unión Europea, sen … Seguir lendo Tsipras pon a Grecia de xeonllos

A traizón de Syriza

O goberno de Alexis Tsipras sorprendeu a todos coa presentación urxente dun referendo para que o seu pobo se pronunciase a favor ou en contra do acordo que lle presentaba a Troika. A resposta dos gregos e gregas foi contundente: o 61% do seu electorado decidiu dar un rotundo "non" ás políticas de austeridade do … Seguir lendo A traizón de Syriza

En Grecia gaña o non, pero agora que?

A grande vitoria do non en Grecia abre un período de incertidume na Unión Europea, que contén o alento, á espera do que decidan facer con este país, que tivo a valentía de plantar cara a unha Unión Europea profundamente antidemocrática, cuxo funcionamento semella máis o dunha mafia, que promete o paraíso a cambio da … Seguir lendo En Grecia gaña o non, pero agora que?

As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Proposta da Troika: Proposta do goberno de SYRIZA: 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2022. 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2025. 2. Incrementar a contribución dos pensionistas para a atención médica (que será deducida … Seguir lendo As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Ten Syriza algún plan alternativo?

Colas nos bancos gregos

Se todo isto que está acontecendo en Grecia forma parte dalgún plan alternativo do goberno de Syriza, benvido sexa, pero non estaría mal que os cidadáns e cidadás helenos coñecesen cal é ese plan, porque dentro de sete días terán que elixir entre austeridade ou saírse do euro, e esta última opción non entraba dentro … Seguir lendo Ten Syriza algún plan alternativo?

O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

Cando o pobo grego foi convocado ás urnas no mes de xaneiro, decidiu por ampla maioría, non só darlle a maioría dos votos a Syriza, senón tamén opoñerse ás políticas de austeridade impostas pola Troika. O mandato das urnas quedou claro, nese sentido. Por iso non entendo moi ben a que vén convocar un referendo, … Seguir lendo O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

O esperpento da “nova cultura política”

Un non deixa de sorprenderse do que se vén en chamar a “nova cultura política”, cuxos máximos representantes son as novas forzas políticas emerxentes, entre elas obviamente, Podemos. Hoxe sen ir máis lonxe, observaba estupefacto unha piada de Twitter de Íñigo Errejón, e que podedes ver a continuación. Coches oficiales con conductores pagados con dinero … Seguir lendo O esperpento da “nova cultura política”