La Sexta manipula con malicia

La Sexta é a canle de televisión de moda entre os progresistas e persoas de esquerdas, basicamente porque este medio de comunicación ofrécelles o que estes queren oír e ver, que resumido en poucas palabras é caña ao PP e a Mariano Rajoy. Foi neste medio, e concretamente no programa “La Sexta Noche”, onde se … Seguir lendo La Sexta manipula con malicia

A CRTVG escribe en castelán

O Twitter da CRTVG escribiu, non un, senón tres chíos en castelán, nos que daba conta dos premios da lotaría "del niño". Premio especial del sorteo del Niño con 40 millons de euros ao décimo para a fracción 5 da serie 21 do 76254— CRTVG (@crtvg) January 6, 2014 //platform.twitter.com/widgets.js Sorteo extraordinario del Niño: tercer … Seguir lendo A CRTVG escribe en castelán

Os límites da información

Morreu a irmá de Leticia Ortiz. Se esta muller non estivera casada con Felipe de Borbón o tema non tería maior repercusións nos medios de comunicación, pero ao estar emparentada politicamente coa familia real, pois semella que o tratamento mediático debe ser coidadoso, hai que poñer límites na información, tal e como reflicten determinados medios … Seguir lendo Os límites da información

Informativos lixo

Non é a primeira vez que falo disto, pero hoxe, desde hai algún tempo, ollei os informativos de Tele 5, o que presenta Pedro Piqueras, e fiquei abondosamente escandalizado do pésimo informativo que fan nesta cadea. Non se trata dunha consideración subxetiva miña, ao contrario, coido que son super-obxectivo e calificar ese telexorna de "informativo" … Seguir lendo Informativos lixo

A metereoloxía como espectáculo

Xa non é a primeira vez que falo da teima que teñen os medios de comunicación de magnificar até a esaxeración os efectos metereolóxicos. E desta volta non ía ser menos: prensa, radio, televisión e internet, aliáronse para crear un clima de medo en toda a poboación, que mesmo parecía que ía chegar a fin … Seguir lendo A metereoloxía como espectáculo

Televisión á carta

Cada vez que ollo máis alá das boas palabras e dos xestos que os dous grandes partidos estatais obsequian ao seu electorado máis convencido estou de que estes son os delegados de grandes empresas que respaldas as súas campañas para logo facerse cos suculentos contratos públicos estatatais e autonómicos. Deste xeito, cando hai un cambio … Seguir lendo Televisión á carta

A tele-lixo e a morte

Non, non estou anunciando a inminente morte do tele-lixo, mais ben ao contrario, que a tele-lixo está a anunciarnos un día si e outro tamén a morte dunha persoa. Estoume a referir á agonía radiada, televisada, mesmo en internet, de Rocío Jurado, raíña indiscutíbel deste tipo de productos mediáticos, que está agonizando perante as televisións … Seguir lendo A tele-lixo e a morte

Informativos

Os informativos entreteñen ou informan?. Uns dirán que as dúas cousas, mais eu coido que só entreteñen ou só nos informan superficialmente, con unha clara tendencia ao anecdótico. Onte, sen ir máis lonxe, ollaba os Informativos de Telecinco (os "amigos de nadie, amigos de ti", que así decía o anuncio promocional destes informativos, cuxa nova … Seguir lendo Informativos