Tsipras pon a Grecia de xeonllos

Era visto. A reunión de onte en Bruxelas non podía traer nada bo para Grecia. Se o acordo que aprobou o parlamento grego o venres pasado de madrugada era malo, o resultado das negociación de Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, coa Troika é aínda peor. Grecia pasa a ser unha colonia da Unión Europea, sen … Seguir lendo Tsipras pon a Grecia de xeonllos

A traizón de Syriza

O goberno de Alexis Tsipras sorprendeu a todos coa presentación urxente dun referendo para que o seu pobo se pronunciase a favor ou en contra do acordo que lle presentaba a Troika. A resposta dos gregos e gregas foi contundente: o 61% do seu electorado decidiu dar un rotundo "non" ás políticas de austeridade do … Seguir lendo A traizón de Syriza

Claves para entender o “Non” en Grecia

É doado facer análises logo de que pasan os acontecementos, o difícil e prognosticar a priori. Desde logo eu non daba un euro pola vitoria do “Non” tendo en conta as circunstancias nas que se celebraba, especialmente polo “corralito”. Como dixen, o doado é explicar un suceso a posteriori, así que vou animarme a dar … Seguir lendo Claves para entender o “Non” en Grecia

En Grecia gaña o non, pero agora que?

A grande vitoria do non en Grecia abre un período de incertidume na Unión Europea, que contén o alento, á espera do que decidan facer con este país, que tivo a valentía de plantar cara a unha Unión Europea profundamente antidemocrática, cuxo funcionamento semella máis o dunha mafia, que promete o paraíso a cambio da … Seguir lendo En Grecia gaña o non, pero agora que?

As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Proposta da Troika: Proposta do goberno de SYRIZA: 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2022. 1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2025. 2. Incrementar a contribución dos pensionistas para a atención médica (que será deducida … Seguir lendo As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Ten Syriza algún plan alternativo?

Colas nos bancos gregos

Se todo isto que está acontecendo en Grecia forma parte dalgún plan alternativo do goberno de Syriza, benvido sexa, pero non estaría mal que os cidadáns e cidadás helenos coñecesen cal é ese plan, porque dentro de sete días terán que elixir entre austeridade ou saírse do euro, e esta última opción non entraba dentro … Seguir lendo Ten Syriza algún plan alternativo?

O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

Cando o pobo grego foi convocado ás urnas no mes de xaneiro, decidiu por ampla maioría, non só darlle a maioría dos votos a Syriza, senón tamén opoñerse ás políticas de austeridade impostas pola Troika. O mandato das urnas quedou claro, nese sentido. Por iso non entendo moi ben a que vén convocar un referendo, … Seguir lendo O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

Troika 1 Grecia 0

A Unión Europea é un organismo antidemocrático que está por enriba dos estados e xa non digamos dos pobos, que ceden unha parte importante da súa soberanía para pertencer a tan selecto clube. A Troika (FMI, BCE e Comisión Europea) impón aos países europeos, especialmente aos coñecidos como PIGS, severos axustes económicos con consecuencias que … Seguir lendo Troika 1 Grecia 0

O recambio chegou a Grecia

Hai uns días coñecíase publicamente que o partido Syriza de Alexis Tsipras daba marcha atrás sobre o tema da adopción entre parellas do mesmo sexo. Nun primeiro momento este cambio no seu programa parecía que obedecía á estratexia de moderación de Syriza para abrazar ao electorado máis conservador. Porén, despois das eleccións e sobre todo … Seguir lendo O recambio chegou a Grecia

Comisión Europea: gobernala ou cortarlle as alas?

A Comisión Europea, xunto co Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional, son os tres nos que se asenta a coñecida Troika. Este triunvirato quita e pon gobernos á marxe das decisións dos cidadáns: o caso de Grecia e Italia sen ir máis lonxe. Dita políticas de austeridade que só traen paro, miseria e … Seguir lendo Comisión Europea: gobernala ou cortarlle as alas?