O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O vídeo Help Catalonia fíxose viral nas redes sociais. Non hai medio que non fale del. Podo entender os motivos que suscitaron a edición deste vídeo. Catalunya sempre mirou a Europa e Europa sempre mirou para eles. Mais pinchan en óso. A Unión Europea non está pola labor de botar unha man ao pobo de … Seguir lendo O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O problema non é o PP, é España

Recoñezo na miña inxenuidade que agardaba outra cousa do discurso de Felipe VI. Agardaba que dentro da chamada lóxica, desde o seu punto vista, á legalidade, tivese tamén palabras de alento para as persoas represaliadas o pasado domingo en Catalunya polo simple feito de querer votar, tendendo pontes cara unha sociedade que neses intres ocupaba … Seguir lendo O problema non é o PP, é España

Brexit, unha cuestión de soberanía

Onte no informativo da TVE1 facían unha enquisa a pé de rúa, nada científica, pero si o suficientemente maniquea para deixar claro que sectores sociais estaban en contra da saída do Reino Unido da Unión Europea e cales estaban a favor. Entres os primeiros saían mozos e mozas, disque moi formados; entre os partidarios do … Seguir lendo Brexit, unha cuestión de soberanía

Un atentado moi oportuno para a Unión Europea

Ningún atentado terrorista é oportuno. Todos chegan no peor momento para as vítimas, que como no caso de Bruxelas, dispoñíanse a viaxar por traballo, por pracer... polo que fose. Mais tendo en conta as circunstancias dos últimos días, cunha Unión Europea moi cuestionada polo acordo con Turquía para deportar as persoas refuxiadas, a verdade é … Seguir lendo Un atentado moi oportuno para a Unión Europea

O paradoxo e o drama grego

O certo é que me produce unha profunda tristura esta foto do ministro grego de finanzas, Euclides Tsakalotos. A foto é de onte pola noite de cando o parlamento grego debatía o acordo ao que chegou o goberno de Syriza coa Troika, que finalmente foi aprobado por ampla maioría, a pesar dos votos en contra … Seguir lendo O paradoxo e o drama grego

Tsipras pon a Grecia de xeonllos

Era visto. A reunión de onte en Bruxelas non podía traer nada bo para Grecia. Se o acordo que aprobou o parlamento grego o venres pasado de madrugada era malo, o resultado das negociación de Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, coa Troika é aínda peor. Grecia pasa a ser unha colonia da Unión Europea, sen … Seguir lendo Tsipras pon a Grecia de xeonllos

Lindia Senra e as Illas Fidxi

Un non deixa de sorprenderse das cousas que se poden atopar na web do Parlamento Europeo e o que é peor, de como se dilapidan os cartos públicos en encontros e todo tipo de eventos de dubidosa utilidade pública, en especial para os que vivimos en Galiza, cuxos problemas están perfectamente localizados e analizados, só … Seguir lendo Lindia Senra e as Illas Fidxi

Troika 1 Grecia 0

A Unión Europea é un organismo antidemocrático que está por enriba dos estados e xa non digamos dos pobos, que ceden unha parte importante da súa soberanía para pertencer a tan selecto clube. A Troika (FMI, BCE e Comisión Europea) impón aos países europeos, especialmente aos coñecidos como PIGS, severos axustes económicos con consecuencias que … Seguir lendo Troika 1 Grecia 0

O recambio chegou a Grecia

Hai uns días coñecíase publicamente que o partido Syriza de Alexis Tsipras daba marcha atrás sobre o tema da adopción entre parellas do mesmo sexo. Nun primeiro momento este cambio no seu programa parecía que obedecía á estratexia de moderación de Syriza para abrazar ao electorado máis conservador. Porén, despois das eleccións e sobre todo … Seguir lendo O recambio chegou a Grecia

Estados Unidos dálle unha patada a Rusia no cu da Unión Europea

A Unión Europea apoiou con entusiasmo as sancións a Rusia patrocinadas por Estados Unidos por supostamente apoiar os movementos e as milicias separatistas de Ucraína. Mais lonxe de axeonllarse perante o Imperio, o goberno de Vladimir Putin responde golpeando onde máis lle doe á Unión Europea: as exportacións agrícolas. Agora, non os altos comisionados da … Seguir lendo Estados Unidos dálle unha patada a Rusia no cu da Unión Europea