Rosalía de Castro é universal

Aínda que tarde, xa que o aniversario do nacemento de Rosalía foi o pasado 24 de febreiro, déixovos esta pequena marabilla que me enviaron. Trátase do recitado do poema “Adiós ríos, adiós fontes” por nenos e nenas do norte de Irlanda, que falan en inglés e en galego; si, en galego! A gravación é de … Seguir lendo Rosalía de Castro é universal

E xa van alá 10 anos na rede

Como pasa o tempo. Tal día coma hoxe, un 21 de febreiro de 2005, nacía este blog, “Cousas de Imeneo”. Facíao cunha curta entrada sobre o referendo da Constitución Europea que se levara a cabo xusto o día anterior. E o que son as cousas, todos e todas os que votamos en contra deste texto, … Seguir lendo E xa van alá 10 anos na rede

Pablo Iglesias mente, e agora xa o sabes!

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, paseouse polos platós televisivos alardeando de gañar 1.000 euros ao mes, e ameazando a todo aquel que non o crera con ensinarlle a súa nómina. Nestes días Podemos vén de publicar os ingresos dos seus cargos políticos ao longo de 2013, cando aínda non eran ninguén politicamente falando. Como … Seguir lendo Pablo Iglesias mente, e agora xa o sabes!

Vídeos falsos para manipularnos a todos e todas

Hai uns días un pequeno vídeo de pouco máis dun minuto de duración percorreu todas as televisións e todas as redes sociais. Nel, un neno de oito ou dez anos salvaba a súa irmá no medio dun intenso tiroteo no seu país natal, Siria, en guerra desde hai varios anos. Os medios occidentais aproveitaron o … Seguir lendo Vídeos falsos para manipularnos a todos e todas

IU apupada polos seus propios inventos

Izquierda Unida xa leva tempo apostando polas candidaturas unitarias, polas candidaturas cidadáns, nas que se dilúe como sen o máis mínimo pudor. No Estado estas candidaturas chámanse “Gañemos” tal ou cal cidade, na Galiza son “mareas”. O conto é o mesmo, IU aposta por ocultar as súas siglas dentro dun conglomerado de colectivos sociais e … Seguir lendo IU apupada polos seus propios inventos

EXCLUSIVA: Vídeo do exército sirio usando armas químicas

Mentres Estados Unidos ensina ao mundo as consecuencias das armas químicas supostamente usadas polo exército de Al-Assad, achégovos un vídeo en exclusiva onde se pode ver a soldados sirios disfrazados de rebeldes usando armas químicas de última xeración. Como se pode ver nestas impactantes imaxes, as armas son de fabricación china, pero da máis alta … Seguir lendo EXCLUSIVA: Vídeo do exército sirio usando armas químicas

Exipto condensado en 8 minutos de horror

Masacre en Exipto

O desmantelamento dos campamentos de El Cairo en apoio ao presidente Mursi dos Irmáns Musulmáns foi unha auténtica masacre. Eu, que tantas veces vos recomendei vídeos, este, porén, non o podo recomendar, sen antes avisarvos que nestes 8 minutos de horror presenciaredes homes, mulleres e nenos, algúns deles de moi corta idade, masacrados sen piedade … Seguir lendo Exipto condensado en 8 minutos de horror